Inicio Últimas Noticias ‘Deadpan Karaoke’ fai do público o auténtico protagonista

‘Deadpan Karaoke’ fai do público o auténtico protagonista

CAPITAL CULTURAL
‘Deadpan Karaoke’ fai do público o auténtico protagonista

05/03/2024 O Teatro Principal acolle esta semana dous pases da última montaxe de Ibuprofeno teatro: o xoves 7 e o venres 8 ás 20.30 horas. Patricia Rodríguez, na dirección, e Marián Bañobre, na interpretación, encabezan un equipo creativo composto maioritariamente por mulleres.

Os límites do humor e a reflexión sobre a capacidade de sentir e expresar o que se sente, danse a man en Deadpan Karaoke, a última montaxe de Ibuprofeno Teatro. Dirixido por Patricia Rodríguez e con Marián Bañobre como única intérprete, este espectáculo multidisciplinar pon o público no centro da acción e embárcao nunha viaxe a través do humor, da música e do cinema para tratar de pescudar se hai lugar para o amor na sociedade tardo-capitalista na que vivimos.Deadpan Karaoke é o décimo espectáculo desta compañía teatral galega tras a estrea en 2022 de Smoke on the water (Premio María Casares ao mellor actor para Josito Porto e ao mellor espazo sonoro para Mon Orencio). A través da personaxe de Deadpan, que non pode sentir nin expresar emoción, Marián Bañobre preséntanos cuestións que ocupan os debates da filosofía e socioloxía contemporáneas. A proposta ten unha clara ambición plástica e mergulla as espectadoras e espectadores nun karaoke que transita do real ao onírico, do cine á vida a través da música e da sorpresa. Un espectáculo participativo para deixarse levar, para atreverse e para cuestionarse.A peza chega esta semana ao Teatro Principal de Santiago de Compostela con dúas funcións, o xoves 7 e o venres 8 de marzo ás 20.30 horas. Ao remate da primeira delas, as persoas asistentes poderán tomar parte na sesión de posfunción, un faladoiro entre o público e o equipo responsable da obra para coñecer de primeira man os detalles do espectáculo e o traballo que hai tras el.As entradas para cada función poden ser adquiridas a un prezo de 12 € (con descontos do 50% para diferentes colectivos) na páxina web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C · Punto de Información Cultural (aberto de martes a sábado, de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas) e no do Teatro Principal (aberto o día de cada espectáculo dende unha hora antes do seu inicio).O equipoA directora Patricia Rodríguez e a actriz Marián Bañobre rodeáronse para a creación deste espectáculo dun equipo composto maiormente por mulleres. Confórmano Laura Porto como asesora de dramaturxia, Carmela Bueno como axudante de dirección e coreógrafa, Mónica de Nut no deseño de son e na composición musical, Violeta Martínez no deseño de iluminación e escenografía, Marta Valverde, Gustaf Nilsson e Javier Lueje no deseño de audiovisuais, Baia Fernández na caracterización, María Costas como profesora de canto e Ana Cardoso como asesora de xénero.Patricia Rodríguez é a primeira directora convidada por Ibuprofeno Teatro para a creación dun espectáculo. A cabalo entre Londres e Asturias, compaxina dende 2020 o seu traballo na compañía londinense Little Soldier co proxecto teatral asturiano Las Ganas. Con máis de 27 anos de traxectoria, o seu desenvolvemento profesional está moi vinculado á súa traxectoria internacional realizada entre Estados Unidos, México, Polonia, China, Lituania, Luxemburgo, Alemaña e moi especialmente Reino Unido.A actriz Marián Bañobre volve neste espectáculo ás súas orixes como clown cun espectáculo unipersoal, igual que cando hai máis dunha década a compañía iniciou a súa andaina profesional coa montaxe A filla de Woody Allen. Debuta como actriz de teatro aos 15 anos e dende entón participou en medio cento de producións profesionais dentro e fóra de Galicia, non só como intérprete, senón tamén como clown, creadora-directora escénica e deseñadora de vestiario. Traballa tamén como docente, principalmente de técnicas de clown e creación escénica e é licenciada en Socioloxía, disciplina da que se nutriu na creación de Deadpan Karaoke, un dos seus traballos máis persoais. Conta con cinco Premios María Casares: mellor actriz secundaria por Tartufo de Teatro de Ningures, mellor actriz protagonista por Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios de Ibuprofeno Teatro, mellor vestiario por O Furancho de Ibuprofeno Teatro, mellor dirección e adaptación (xunto a Santiago Cortegoso) por Invisibles de Redrum Teatro.Ibuprofeno TeatroA compañía fundada en 2010 por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso para emprender proxectos teatrais de xeito independente, leva a cabo espectáculos de autoría para público adulto, ben a partir de textos creados previamente como Raclette ou Casa O’Rei ou ben integrando a dramaturxia no proceso de creación e posta en escena como A filla de Woody Allen ou O mel non caduca, espectáculo que acaban de presentar nos Festivais de Manizales e San Ignacio en Colombia.O seu traballo puido verse nalgúns dos escenarios máis relevantes da escena teatral como poden ser o Festival Umore Azoka de Leioa, a Feria de Teatro de Castilla y León Ciudad Rodrigo, a MIT de Ribadavia, o Festival de Teatro Clásico de Alcántara, o Festival Internacional Miguel Torga en Mondim de Basto (Portugal), entre outros. Foi tamén recoñecido con diversos galardóns, entre eles os Premios María Casares en distintas categorías ou coa candidatura

Leer más:   Convocados os Consellos Municipais de Persoas Maiores e de Cooperación ao Desenvolvemento

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl exbanquero Ángel Ron impugnará la decisión judicial y adelanta pruebas ‘contundentes’ que invalidan ‘la postura del instructor’
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.