Inicio Últimas Noticias Máis de medio cento de vídeos recibidos para participar na sétima edición...

Máis de medio cento de vídeos recibidos para participar na sétima edición do Enreguéifate

LINGUA
Máis de medio cento de vídeos recibidos para participar na sétima edición do Enreguéifate

04/03/2024 “Temos madeira regueifeira!” era o lema elixido para esta sétima edición do Enreguéifate. Unha afirmación que quedou constatada coa participación récord deste ano, xa que o certame vén de pechar inscricións cun total de 56 vídeos recibidos, 47 deles na categoría escolar e 9 na xeral. Entre elas, regueifas chegadas dende todos os recunchos das catro provincias galegas (Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Teo, Vigo, Vilalba, A Coruña, Viana do Bolo, Melide, Vila de Cruces ou Dodro, entre outros municipios) que xa poden verse na canle de Youtube e na web do certame.

Leer más:   O Concello pon en marcha un contador de árbores xeorreferenciadas neste Día internacional dos bosques e da poesía

Hoxe mesmo comeza a fase de votación do xurado, que nesta ocasión está composto por Carme Pereiro, normalizadora lingüística do Concello de Carballo; Fátima Souto, do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames; Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; e Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro.Como en anteriores edicións, hai seis regueipremios para cada unha das dúas categorías (xeral e escolar): regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada e mellor falada.Os vídeos galardoados comunicaranse ás persoas gañadoras e anunciaranse a partir do 11 de marzo a través das redes sociais do Enreguéifate. O mércores, 3 de abril, terá lugar a gala de entrega de premios no Teatro Principal de Santiago de Compostela.Enreguéifate é un proxecto impulsado polos Servizos e Departamentos de Normalización Lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.Con esa finalidade, en paralelo ao certame de regueifas en vídeo, dende o mes de outubro de 2023 e ata o pasado mes de febreiro, desenvolvéronse un cento de obradoiros de improvisación oral destinados ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e da ESO de preto de corenta centros educativos dos concellos impulsores.

Leer más:   Sae a licitación do Servizo de Axuda no Fogar cun incremento do 73% no orzamento, ata os 6,3 millóns de euros anuais

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.