Inicio Últimas Noticias A Xunta de Goberno adxudica o contrato do servizo de mantemento das...

A Xunta de Goberno adxudica o contrato do servizo de mantemento das pistas deportivas exteriores municipais de acceso libre

XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica o contrato do servizo de mantemento das pistas deportivas exteriores municipais de acceso libre

04/03/2024 O executivo municipal deu luz verde esta mañá á adxudicación do contrato para o servizo de inspección, mantemento, limpeza e traballos auxiliares das pistas deportivas exteriores de acceso libre do Concello de Santiago á empresa ACEINSA MOVILIDAD SA, por un importe de 275.880 euros (228.000 euros máis 47.880 euros de IVE). O executivo municipal tamén aprobou a lista de persoas autorizadas para usar as hortas urbanas municipais de Cotaredo.

O contrato adxudicado á empresa ACEINSA MOVILIDAD SA inclúe a realización de todos os labores relacionados coa inspección e supervisión periódica do estado das pistas deportivas, de todos os elementos e os equipamentos que conteñen, o mantemento tanto preventivo coma correctivo, a limpeza destas instalacións e outros traballos auxiliares necesarios para que o Concello de Santiago xestione debidamente estes espazos deportivos de uso público.En concreto, os elementos materiais das pistas deportivas exteriores que constitúen o ámbito de aplicación material deste contrato son o pavimento das pistas, os peches perimetrais con todos os seus elementos, as barandas, as gradas, as cubertas, as fachadas ou muros de contención, os elementos e equipamentos de uso deportivo (porterías, canastras, redes…), as canalizacións, arquetas e sumidoiros, os espazos entre pistas e zonas de paso e acceso e a sinalética.No prazo de 60 días naturais dende a sinatura do contrato o adxudicatario deberá realizar as inspeccións iniciais de todas as pistas deportivas, revisando tamén as medidas de prevención e os medios de protección das instalacións. Coa información recollida nas mesmas deberá actualizar inicialmente o inventario municipal existente en formato electrónico. O adxudicatario será o responsable de manter actualizado este inventario para que en todo momento o Concello de Santiago poida consultalo e ter unha imaxe fiel e actual do estado das pistas ou calquera outra información que sexa de interese.Hortas urbanas de CotaderoO executivo municipal tamén deu luz verde á lista de 39 persoas solicitantes que obtiveron a autorización para o uso das hortas urbanas municipais de Cotaredo, así como da lista de agarda.As convocatorias de autorización de uso das hortas urbanas están abertas a toda a veciñanza de Santiago con preferencia aquelas persoas con domicilio nun radio de 500 metros dende a horta de referencia e/ou maiores de 65 anos. A Comisión encargada de avaliar as solicitudes presentadas está presidida polo concelleiro de Parques e Xardíns, Xesús Domínguez, e formada polo encargado de xefe de Parques e Xardíns e o xefe da sección de Biodiversidade.

Leer más:   A Festa da Uña de San Lázaro celebrarase do 15 ao 18 de marzo

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.