Inicio Últimas Noticias Volven as actividades do programa Apego para fomentar a crianza en galego

Volven as actividades do programa Apego para fomentar a crianza en galego

LINGUA
Volven as actividades do programa Apego para fomentar a crianza en galego

01/03/2024 O Concello de Santiago relanza o programa Apego con novas actividades que comezan neste mes de marzo para a socialización en galego de nenos e nenas entre 0 e 6 anos. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada da técnica do Departamento de Lingua, Marta Besada, deu conta en rolda de prensa das actividades deste programa que busca situar Compostela á “vangarda das políticas de promoción e defensa da lingua galega, sobretodo entre as crianzas”.

O programa Apego está dirixido a familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos e a persoal das escolas infantís e ludotecas e ten como obxectivo o de potenciar a lingua galega a través da creatividade e a imaxinación e fomentar os valores da amizade e da cooperación a través de contos, de obradoiros e de espectáculos.A alcaldesa detallou que en Santiago “hai 675 familias inscritas neste programa” e que a intención do Concello é continuar a “ampliar e atender o interese destas familias, con recursos en galego para xerar comunidade e tecer vínculos de socialización durante a primeira infancia”. Para Goretti Sanmartín, o importante é facer de Santiago “un espazo amigábel coa lingua galega” que estea á “vangarda de políticas de promoción e defensa da lingua galega, sobretodo entre as crianzas”.A rexedora animou ás familias que están agardando un bebé ou que teñen crianzas de ate 6 anos e “que queiran que o galego forme parte da súa vida” a adherirse ao programa Apego a través da web apego.gal ou visitando o Departamento de Lingua Galega e recordou que coa inscrición recibirán como agasallo unha caixa de benvida con materiais diversos para fomentar a crianza en galego.O Apego é un programa colectivo, que botou a andar en 2015 e en que participan nestes momentos 16 concellos, entre eles Santiago de Compostela.Programación para o mes de marzoO Programa Apego ofrecerá cada luns do mes de marzo de 17 a 19 horas ‘A lingua medra’, unha actividade na que se recrearán as diferentes situacións da vida a través do xogo, da experimentación e do coñecemento… Dirixida á cativada entre os 2 e os 6 anos, cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo ‘Merendolas’; a psicomotricidade será a guía en ‘Movéndonos con Apego’; ‘ Quen vén?’ traerá varios especialistas e a ciencia será a protagonista en ‘Experimentamos’.Os martes será a quenda das “Tardes de contos” no Espazo Apego, de 17 a 18 horas para nenos e nenas de 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 horas para a cativada entre 3 e 6 anos. Será un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente conforme a unha temática mensual que no mes de marzo será a igualdade.‘Enredando e lingoretando’ son as actividades de xogo para os mércores, tamén ás 17 horas no Espazo Apego. Trátase dun actividade de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado cuxo obxectivo é a socialización en galego a través da imaxinación e os valores da amizade e a cooperación. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.Un xoves cada quince días ofreceranse propostas de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos. “Saaabor!” é o espectáculo de Félix Rodríguez e Fran Rei (+ 3 anos) previsto para o xoves 7 ás 6 da tarde no Espazo Apego e “Este queixo queixolán”, de Pavís Pavós, (0-4 anos) será o xoves 21 ás 6 da tarde no Espazo Apego.InscriciónAs familias interesadas poderán facer a inscrición no programa Apego na web apego.gal. Para a incrición nas actividades, pode facerse na mesma web apego.gal ou a través da web do Departamento de Lingua Galega. As actividades desenvolveranse no Espazo Apego, situado na rúa República do Salvador, 12 de Santiago de Compostela.

Leer más:   Máis de medio cento de vídeos recibidos para participar na sétima edición do Enreguéifate

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorMcCann Worldgroup España y McCann España anuncian a Lucía Angulo como su nueva CEO
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.