Inicio Últimas Noticias Recollida de alimentos no estadio Verónica Boquete durante o partido do domingo...

Recollida de alimentos no estadio Verónica Boquete durante o partido do domingo da SD Compostela

DEPORTES
Recollida de alimentos no estadio Verónica Boquete durante o partido do domingo da SD Compostela

01/03/2024 O vindeiro domingo, durante o encontro que manterá a SD Compostela co Gimnástica de Torrelavega, recolleranse no estadio municipal Verónica Boquete produtos non perecedoiros a favor do Banco de Alimentos de Santiago (Balrial), patrocinador do partido. Todas aquelas persoas que entreguen produtos na entrada do Estadio terán o acceso de balde ao encontro. A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, participou esta mañá na presentación desta iniciativa solidaria.

O enfrontamento da SD Compostela contra a RS Gimnástica de Torrelavega deste domingo 3 de marzo, ás 16.45 horas, no Estadio Verónica Boquete será un partido solidario. O club colabora neste duelo co Concello de Santiago e o Banco de Alimentos Rías Altas Santiago de Compostela (Balrial) cunha recollida de alimentos nos accesos ao encontro.A doazón centrarase en produtos non perecedoiros a favor do Banco de Alimentos Rías Altas Santiago de Compostela, que ao mesmo tempo será o patrocinador do duelo da xornada 25 do Grupo 1 da Segunda RFEF.Ademais, como agradecemento a todos aqueles que decidan colaborar con esta iniciativa solidaria, terán o acceso de balde ao partido. Deste modo, tan só por entregar algún dos produtos citados na Lista Básica, permitiráselle a entrada ao Estadio.Cesta básica de produtos BalrialLeite, cacao, cereais de almorzo, aceite, conservas de peixe, conservas de vexetais, salsa de tomate, comida preparada en lata, leite infantil, potiños, azucre, fariña, arroz e legumes.Do mesmo xeito, como complementos esenciais, tamén se solicitan produtos de hixiene persoal.

Leer más:   Comezan as obras de conservación e mellora de eficiencia enerxética da fachada leste do Pazo de Raxoi

- Te recomendamos -
Artículo anteriorMcCann Worldgroup España y McCann España anuncian a Lucía Angulo como su nueva CEO
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.