Inicio Últimas Noticias O Concello de Santiago impulsa a simplificación administrativa para facilitar e actualizar...

O Concello de Santiago impulsa a simplificación administrativa para facilitar e actualizar os procedementos

MODERNIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN LOCAL
O Concello de Santiago impulsa a simplificación administrativa para facilitar e actualizar os procedementos

01/03/2024 O concelleiro de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, Manuel César, vén de asinar unha resolución para crear unha comisión estable de traballo para a simplificación administrativa no Concello de Santiago de Compostela.

Segundo explicou o concelleiro, “pola súa relevancia como capital do país, o Concello de Santiago de Compostela debe aspirar a situarse na vangarda das administracións públicas e ser un referente no desenvolvemento da chamada administración electrónica así como na claridade dos seus procedementos administrativos”.Deste xeito, o Concello de Santiago quere impulsar un modelo de simplificación administrativa que debe converterse nun principio de actuación para favorecer tanto a comunicación interna como a externa, da propia administración coa veciñanza.Esta Comisión de simplificación administrativa e administración electrónica do Concello de Santiago de Compostela será a encargada de revisar calquera procedemento que afecte ás competencias administrativas do Concello e de propoñer a súa actualización e simplificación. Para iso, cada área poderá propoñer unha relación de procedementos ou temas a tratar, de forma priorizada.Ao abeiro desta comisión vanse impulsar a adecuación das ferramentas ofimáticas, incluíndo o portal web e a intranet, para a clarificación, automatización e simplificación dos procedementos; promover a actualización da normativa municipal cando sexa preciso; promover accións formativas do persoal; crear manuais de funcionamento, tanto dos propios procedementos como das ferramentas informáticas, e manuais de estilo destinados a contribuír a mellorar a imaxe pública do Concello; ademais dunha canle de recepción de suxestións de mellora por parte das persoas traballadoras, entre outras.Así, con esta comisión de traballo, preténdense evitar cargas administrativas innecesaria ou accesorias e atender os principios de necesidade, eficacia, proporcionalidade, seguridade xurídica, transparencia e eficiencia, de acordo coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común.

Leer más:   Concello e hostalaría dan un paso máis na creación dunha mesa para o diálogo co sector

- Te recomendamos -
Artículo anteriorMcCann Worldgroup España y McCann España anuncian a Lucía Angulo como su nueva CEO
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.