Inicio Últimas Noticias Josep Maria Pou chega este domingo ao Auditorio de Galicia con ‘El...

Josep Maria Pou chega este domingo ao Auditorio de Galicia con ‘El Padre’

CAPITAL CULTURAL
Josep Maria Pou chega este domingo ao Auditorio de Galicia con ‘El Padre’

01/03/2024 O actor catalán interpreta un home que pacede alzhéimer nesta adaptación ao castelán da exitosa obra de Florian Zeller. A representación terá lugar na Sala Ángel Brage a partir das 20.30 horas e as entradas poden ser adquiridas na web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C e no do propio Auditorio.

O deterioro cognitivo provocado polo alzhéimer e a perda da conexión coa realidade saen á escena este domingo, día 3 de marzo, da man da obra teatral El Padre, un dos espectáculos máis agardados desta tempada escénica de Compostela Cultura. O Auditorio de Galicia acollerá a partir das 20.30 horas esta nova adaptación do orixinal Le Père, de Florian Zeller, que producen Focus e Teatre Romea e que dirixe Josep María Mestres. O actor catalán Josep Maria Pou encabeza un elenco do que tamén forman parte Cecilia Solaguren, Elvira Cuadrupani, Jorge Kent, Alberto Iglesias e Laura Grube.A obra conta a historia de Andrés, un home de setenta e seis anos, culto, retranqueiro e testalán, que está a perder a memoria, pero que se resiste a aceptar ningún tipo de axuda e rexeita a todos os coidadores que a súa filla, Ana, tenta contratar. A medida que trata de dar sentido ás súas circunstancias cambiantes, Andrés empeza a dubidar dos seus seres queridos, da súa mente e mesmo da súa propia vivencia da realidade.O texto, que o propio Zeller definiu como “farsa tráxica”, harmoniza a abordaxe escénica desta espiñenta doenza con escenas de gran comicidade e foi adaptado con éxito en diversas ocasións, entre as que se contan a versión cinematográfica tamén dirixida por Zeller en 2020 que lle valeu a Anthony Hopkins o Óscar a mellor actor.As entradas para o espectáculo poden ser adquiridas na web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C (aberta de martes a sábado, de 11 a 14 horas e de 16 a 19) e no do propio Auditorio (o día función dende unha hora antes do seu comezo).

Leer más:   O Entroido dos Xenerais da Ulla celebra a súa décima edición como Festa de Interese Turístico de Galicia

- Te recomendamos -
Artículo anteriorMcCann Worldgroup España y McCann España anuncian a Lucía Angulo como su nueva CEO
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.