Inicio Últimas Noticias O Pleno dá luz verde ao Estudo de detalle da USC para...

O Pleno dá luz verde ao Estudo de detalle da USC para a construción das facultades de Ciencias da Saúde

PLENO
O Pleno dá luz verde ao Estudo de detalle da USC para a construción das facultades de Ciencias da Saúde

29/02/2024 O Pleno municipal aprobou de xeito definitivo o Estudo de detalle da zona de edificación universitaria ZEU-25 presentado pola USC para o desenvolvemento dun espazo dedicado a acoller as titulacións de Ciencias da Saúde. Este Estudo permite ordenar os volumes edificables establecidos no Plan Especial de Ordenación do Campus Universitario de Santiago (PE-8) que afectan a este ámbito situado na beira norte da avenida Mestre Mateo e axustalos así ao proxecto arquitectónico escollido no concurso aberto convocado pola USC. A Corporación municipal tamén deu o seu apoio a dúas declaracións institucionais con motivo do Día Internacional das Mulleres, o 8 de marzo, e do Día Mundial das Enfermidades Raras.

O Concello de Santiago deu esta mañá luz verde ao Estudo de Detalle presentado pola USC que busca acomodar as determinacións do vixente Plan Especial PE-8 do Campus Universitario para o ámbito ZEU-25 no que a Universidade pretende materializar a proposta gañadora do concurso de proxectos arquitectónico-urbanísticos que desenvolverán as instalacións que albergarán as facultades de Ciencias da Saúde.O Estudio de Detalle ordena os volumes edificables establecidos para a área ZEU-25 no Plan Especial PE-8 do Campus Universitario. Esta área está composta por dúas áreas edificables, ZEU-25A e ZEU-25B, separadas pola rúa que vai desde a Avenida de Gómez de Marzoa ata a rotonda da Avenida do Mestre Mateo.O Estudo de Detalle concentra a totalidade do volume edificable permitido dentro da parcela A, situada ao oeste da vía, co fin de reducir a ocupación do solo e conformar un espazo libre en continuidade coas zonas verdes ZV-8 e ZV-10 en contacto coa avenida do Mestre Mateo. Así, para a área ZEU-25A, de 7.969 m2 de superficie, determínase unha ocupación máxima de 3.918 m2; mentres que a área ZEU-25B, de 2.362 m2 de superficie, queda libre de edificación. Así, a porcentaxe de ocupación da área ZEU-25A redúcese ata o 49,16 % fronte ao 70 % do PE-8 e da área ZEU-25B do 0 % fronte ao 100 % do PE-8.En ambas áreas, a altura máxima da edificación será de baixo e catro plantas altas (B+4), permitíndose a realización dunha planta baixo rasante en semisoto destinada a aparcamento e servizos das edificacións.Ademais, prevese unha dotación de 350 prazas de estacionamento, 40 prazas no soto do Edificio do Aulario e 310 en superficie e baixo rasante, fóra da área de movemento da edificación, no espazo libre de edificación da parcela A.Delaracións institucionais polo 8M e polo Día Mundial das Enfermidades RarasO Pleno municipal acordou esta mañá aprobar de xeito unánime unha Declaración Institucional con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres 2024, a prol da loita feminista e en condena pola “desigualdade entre homes e mulleres”, un “problema estrutural que debemos combater con todos os recursos e todas as nosas forzas”.A Declaración fai fincapé no compromiso municipal coa “defensa dos dereitos das mulleres para seguir avanzando na igualdade como sociedade” e recoñece a necesidade de que as administracións contribúan “cunha perspectiva integral e integradora, que dea impulso ás redes de colaboración entre mulleres e o conxunto do movemento feminista”, así como dun “maior grao de colaboración entre institucións, para sumar esforzos e garantir que se traballa cunha perspectiva transversal e coordinada”.Neste sentido, o Concello de Santiago xa puxo en marcha nos últimos meses iniciativas como a elaboración do ‘Protocolo para a abordaxe das violencias sexuais e LGBTfóbicas no ocio nocturno’ ou a reactivación da Mesa Local de coordinación interinstitucional contra a Violencia de Xénero.Entre os compromisos recollidos no documento está o apoio de todos os grupos municipais ás mobilizacións convocadas polo movemento feminista neste 8 de marzo, a posta a disposición de infraestrutura municipal das organizacións de mulleres, o fortalecemento dos servizos municipais de igualdade como a Casa Xohana Torres, dedicar un mínimo do 1% do orzamento municipal en políticas de igualdade e da prevención da violencia de xénero, a reforzo de persol do CIM e a elaboración do Plan de Igualdade neste 2024.Día Mundial das Enfermidades RarasO Pleno municipal tamén aprobou por unanimidade unha Declaración Institucional con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras (EERR) que se celebra no día de hoxe, 29 de febreiro, co obxectivo de dar visibilidade a aquelas patoloxías “cuxa prevalencia está por baixo de 5 por cada 10.000 habitantes”, afectando a “300 millóns de persoas en todo o mundo, 3 deles en España, e 200.000 en Galicia”.Con esta declaración, todos os partidos políticos recoñecen o labor do tecido asociativo a prol da prevención e o tratamento destas enfermidades, e comprométense a apoiar as súas principais demandas, entre as que se atopan o impulso da investigación e o incremento do financiamento público en I+D+i, a implementación de medidas para garantir o acceso en equidade a probas de diagnóstico e a atención integral, o recoñecemento da especialidade de xenética clínica, a posta en valor das accións do tecido asociativo e a implementación das estratexias autonómicas en liña coa Estratexia Nacional de EERR.Outros asuntosO Pleno municipal tamén deu luz verde por unanimidade á aprobación inicial da modificación puntual do PXOM para a fixación de aliñacións no núcleo de Codesedas e ao compromiso de crédito para financiar a través do Auditorio de Galicia as anualidades 2025, 2026 e 2027 do Festival Internacional de Cinema “Cineuropa”.Ademais, tamén se aprobou a concesión da bonificación do 95% no IBI prevista para inmobles das corporacións de dereito público nos que se desenvolvan actividades declaradas de especial interese ou utilidade municipal.Tamén prosperaron por unanimidade a proposición presentada polo grupo municipal socialista para ampliar o solo industrial de Santiago e priorizar o asentamento de industrias que xeren emprego e acheguen tecnoloxía, e a presentada polo grupo popular para a adecentación e atención á veciñanza na contorna da rúa Manuel Beiras. Ao respecto das mocións, foron aprobadas por unanimidade a presentada polo PP para a realización de melloras na parroquia de Lavacolla, e dúas presentadas polo PSdG para o impulso e a promoción do aeroporto internacional de Santiago-Rosalía de Castro e para a elaboración do Plan estratéxico de recursos humanos do Concello 2025-2035.

Leer más:   O Festival Galicreques encherá Santiago de monicreques entre o 7 e o 15 de outubro ao ofrecer 60 funcións da man dunha trintena de compañías

Documentos relacionados

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorMiriam pide ayuda para salir de la calle: “Hemos estado por todo Galicia y Asturias”
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 29 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.