Inicio Últimas Noticias A Festa da Uña de San Lázaro celebrarase do 15 ao 18...

A Festa da Uña de San Lázaro celebrarase do 15 ao 18 de marzo

TURISMO
A Festa da Uña de San Lázaro celebrarase do 15 ao 18 de marzo

28/02/2024 A nova edición desta Festa, que inclúe a andaina guiada “O Berce do Sar: percorrendo o barrio de San Lázaro pola beira do río Sar”, foi presentada esta mañá no Pazo de Raxoi pola concelleira de Turismo, Míriam Louzao.

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, o presidente da asociación gastronómica e cultural Orde da Uña, Fernando Neira, e o xerente do Centro Comercial As Cancelas, Javier Nicolás Blanco, presentaron o programa da Festa da Uña, unha celebración con gran tradición en Compostela, que é ademais unha das festas gastronómicas máis antigas do país.Este ano súmanse importantes novidades ao programa, que, segundo destacou Míriam Louzao, amosan a “vitalidade” da Festa da Uña de San Lázaro e o seu atractivo tanto para o conxunto da veciñanza de Compostela como para as persoas que visitan a cidade nestas datas previas á Semana Santa. A concelleira salientou que esta Festa “é parte da nosa historia e da nosa esencia” e permite reivindicar o “orgullo de ser composteláns e compostelás” e tamén abre “novas oportunidades ao conxunto do sector turístico da cidade”.A primeira das novidades será o venres 15 cando haberá unha degustación de Uñas no Centro Comercial As Cancelas. A segunda será que a SD Compostela dará como agasallo unha entrada para o partido contra o Langreo do domingo 17 de marzo a aquelas persoas que consuman uñas nos locais apuntados no programa na fin de semana do 15 ao 17 de marzo.A terceira novidade é que o domingo 17, ás 10.00 da mañá, terá lugar a andaina guiada “O Berce do Sar: percorrendo o barrio de San Lázaro pola beira do río Sar”. Trátase dun paseo organizado pola Asociación Veciñal Monte do Gozo e a Asociación Gastronómica e Cultural Orde da Uña, en colaboración con Turismo de Santiago.Esta andaina, guiada pola veciñanza, seguirá, a longo de 4,2 km, a senda fluvial que atravesa de parte a parte o barrio de San Lázaro, seguindo o río Sar augas arriba, ata o seu nacemento. O paseo permite coñecer o pasado e presente de Compostela, pasando a carón de antigos curtidoiros, vellos muíños e fontes que amosan os diferentes usos do río na antigüidade, e de construcións máis modernas para facilitar o desenvolvemento urbano.Ademais, vinte e cinco restaurantes, do barrio de San Lázaro pero tamén doutros barrios, ofrecerán durante estes días as súas versións do tradicional prato das Uñas, que adoitan acompañarse de bertóns, patacas e chourizo. Os locais que ofrecen as uñas, así como o programa completo da Festa, pode consultarse no programa de Semana Santa, dispoñible na oficina de información de Turismo de Santiago e en www.santiagoturismo.gal.O programa festivo comezará o sábado 16 de marzo pola mañá, aínda que a maioría dos restaurantes xa ofrecerán dende a noite anterior o tradicional prato das Uñas. A Festa rematará na noite do luns 18, co xa tradicional espectáculo da orquestra París de Noia. Pero antes, pola mañá, realizarase a poxa das uñas, que remonta ás súas orixes a cando se instaurou na entrada norte da vila o lazareto para a atención de persoas coa enfermidade da lepra. Os familiares dos enfermos ofrecían as uñas dos porcos ao Santo para que velara por eles e lle dera saúde aos cochos que criarían para o vindeiro ano.

Leer más:   Una nueva zona azul en Santiago pone a los vecinos en pie de guerra

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorBaleares se renueva con Prohens: hacia un nuevo estándar de innovación y sostenibilidad turística
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 28 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.