Inicio Últimas Noticias A acrobacia volve á escena compostelá con ‘DESproVISTO’

A acrobacia volve á escena compostelá con ‘DESproVISTO’

CAPITAL CULTURAL
A acrobacia volve á escena compostelá con ‘DESproVISTO’

28/02/2024 O terceiro espectáculo da compañía circense UpArte recala no Teatro Principal o sábado 2 de marzo ás 20.30 horas. A obra engade elementos da danza contemporánea aos números acrobáticos de alto nivel que distinguen a traxectoria desta compañía nun traballo para todos os públicos.

No equilibro entre o risco e o humor, a estética e o ritmo, o circo e a danza é onde se sitúa ‘Desprovisto’ o terceiro traballo da compañía UpArte. Esta obra de circo contemporáneo arribará ás 20.30 horas deste sábado, día 2 de marzo, ao Teatro Principal para sorprender o público de Compostela cun espectáculo que combina acrobacias de enorme dificultade técnica, torres humanas e saltos mortais coa fluidez e delicadeza do movemento propios da danza alén dunha proposta escénica con base no uso tecidos que sitúan a compañía no camiño cara a novas linguaxes expresivas. Unha peza de formas vertixinosas tras as que subxace un argumento que convida a se liberar de etiquetas e convencionalismos. UpArte incítanos a presentarnos “desprovistos de todo salvo de nós propios, a eterna procura por librarnos das aparencias, os prexuízos e os roles, mostrándonos espidos e vulnerables ao mundo, onde sempre atoparemos o outro en momentos de dúbida. DESproVISTO é unha aposta pola plasticidade, o flexible e o cambio”.Pau Portabella dirixe este espectáculo para todos os públicos, coproducido por Cía. UpArte e Nacho Vilar Producciones, con Andrés Guerrero e Emmanuel Vizcaíno no deseño gráfico, técnica acrobática a cargo de Vitaly Motuzka, e vestiario da man de Rocío Pérez, que conta cun elenco conformado por Gisela Segatti, Guimelh Martín, Paco Caravaca, Sofía Acosta, Daniel Luengo e Alma Montero.As entradas para asistir á representación no Teatro Principal poden ser adquiridas (a un prezo de 10 euros co 50% de desconto para os colectivos habituais) na web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C (de martes a sábado, de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas) e no do Teatro Principal (o propio día da función dende unha hora antes do seu comezo.A compañíaUpArte é unha recoñecida compañía de circo contemporáneo formada en Murcia a finais de 2012. Ademais de DESproVISTO, a súa traxectoria inclúe os espectáculos Todo encaja (2015) e Áureo (2018), así como diversos números de gala (Gran Gala Eucima en Madrid, Gala Trapezi en Reus ou nos Premios Azahar de Murcia).Os seus espectáculos xiraron por gran parte do territorio español e mesmo transcenderon as fronteiras deste, con funcións en Francia, Italia, Reino Unido e Marrocos. Recomendados pola Rede Española de Teatros, valéronlles numerosas distincións, como 2º premio Circada OFF, o premio do público do Festival Internacional de Khourigba (Marrocos), o premio Azahar ao mellor espectáculo de rúa da rexión de Murcia, o premio ao mellor espectáculo de rúa na Umore Azoka Leioa, os premios do xurado e do público ao mellor espectáculo do Festival A.R.C.A. e a mención especial do xurado no Festival Mueca de Tenerife.Con máis de 250 representacións no seu haber, a compañía fixo desa depurada técnica acrobática con alto nivel de dificultade a marca da casa, e converteu cada un dos seus traballos nun feito escénico único, rechamante e visual, que consegue conectar co público de forma natural e, á vez, deixalo sen alento.

Leer más:   A Xunta de Goberno Local aproba inicialmente o Plan parcial de ordenación do SUND-4 de Rebordaos, no que se poderán construír ata 400 vivendas

- Te recomendamos -
Artículo anteriorBaleares se renueva con Prohens: hacia un nuevo estándar de innovación y sostenibilidad turística
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 28 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.