Inicio Últimas Noticias A Feira de Minerais de Santiago chega á súa décima edición como...

A Feira de Minerais de Santiago chega á súa décima edición como a máis grande da Península Ibérica

EDUCACIÓN
A Feira de Minerais de Santiago chega á súa décima edición como a máis grande da Península Ibérica

27/02/2024 A décima edición da Feira de Minerais de Santiago, que conta co apoio do Concello de Santiago, desenvolverase desde este xoves 29 de febreiro e ata o domingo 3 de marzo no centro comercial Área Central e contará cunha trintena de postos con minerais, fósiles e pezas de xoiaría e un amplo programa de actividades como a charla do xornalista Xavier Aldekoa que falará sobre o saqueo do cobalto en África. Na rolda de prensa de presentación desta mañá, estiveron a concelleira de Educación, Míriam Louzao, acompañada do organizador da feira, Alejandro Rodríguez, e da xerente de Área Central, Sara Castedo.

Un ano máis volve un dos eventos clásicos e máis importantes da cidade, a Feira de Minerais de Santiago, a máis grande das celebradas en España e Portugal e que terá lugar dende o xoves 29 de febreiro ata o domingo 3 de marzo.A concelleira Míriam Louzao detallou que durante estes catro días, en horario de 10 a 21 horas, Área Central acollerá unha trintena de expositores nunha extensión de 150 metros cunha gran variedade de minerais, fósiles e xoias de diferentes puntos do mundo. Un ano máis, todas as persoas interesadas no tema poderán achegarse a descubrir e adquirir minerais como ámbar, amatistas, acibeche, cuarzo; xoias ou elementos fósiles.Actividades paralelasPero este evento vai moito máis alá de ser unha feira puramente comercial, xa que se trata do “evento máis importante da cidade para a comunidade educativa”, co que se pretende “espertar a curiosidade e o interese pola ciencia” entre o alumnado, como destacou a concelleira. Por este motivo, a exposición irá acompañada dun programa de actividades que inclúen charlas, exposicións e obradoiros en horario lectivo para facilitar a asistencia de escolares de ESO e de Bacharelato.Para o xoves e venres está prevista a asistencia duns 800 alumnos/as chegados de 16 escolas de todas Galicia para asistir á feira e participar nas charlas ‘Recursos minerais de Galicia’, o xoves 29 de febreiro ás 10:00 horas, a cargo da directora da Escola de Minas e Enerxía da UVigo, Elena Alonso, na que falará de recursos orixinarios de Galicia. Esta mesma Escola, xunto co Grupo Galego Mineralóxico e Xeolóxico serán os encargados dos obradoiros de identificación de minerais, mineraloxía, fósiles e ouro, dirixido ao público escolar.O venres 1 de marzo ás 10.00 h, o xornalista e reporteiro especializado en África, Xavier Aldekoa, impartirá a charla “O cobalto, a febre do ouro azul”, na que explicará como no SE Congo, as grandes empresas internacionais e os mineiros artesanais están a librar unha batalla desigual polo cobalto, un mineral clave para a fabricación de baterías de coches eléctricos. Aldekoa, xornalista en La Vanguardia contará a súa experiencia sobre o terreo e falará do espolio que se está a producir no corazón de África.A Feira de minerais é unha iniciativa impulsada polo especialista Alejandro Rodríguez que conta co apoio e a colaboración do Departamento de Educación do Concello de Santiago, a Escola de Inxeniería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, o Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego, o Museo de Historia Natural de Santiago, o museo de minerais de Porriño e a Mina Consuelo da Pontenova.

Leer más:   A Xunta de Goberno Local aproba inicialmente o Plan parcial de ordenación do SUND-4 de Rebordaos, no que se poderán construír ata 400 vivendas

- Te recomendamos -
Artículo anteriorHM Sanchinarro presenta Retratos con esperanza: Una mirada al cáncer de mama triple negativo metastásico
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 27 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.