Inicio Últimas Noticias Preto de 80 deportistas competirán no Campionato Galego Universitario de Natación 2024

Preto de 80 deportistas competirán no Campionato Galego Universitario de Natación 2024

DEPORTES
Preto de 80 deportistas competirán no Campionato Galego Universitario de Natación 2024

26/02/2024 A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, destacou o papel de Compostela como “cidade de acollida” para este evento e engadiu que dende o primeiro momento tiveron claro que “Universidade e Concello teñen que ir collidos da man”.

A USC será a anfitrioa do Campionato Galego Universitario de Natación 2024 que se desenvolverá o vindeiro 29 de febreiro na Piscina Universitaria. Arredor dun cento de persoas entre deportistas, persoal técnico das universidades, organización, xuíces, e cronometradores/as participan neste evento que, tal e como destacou o reitor Antonio López Díaz, evidencia o compromiso da USC coa alianza entre Universidade e Deporte. “Esta é unha alianza imprescindible, moi necesaria, e que achega moitos valores dende múltiples puntos de vista para a sociedade”, explicou o reitor.Na presentación do Campionato, que tivo lugar no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, tamén interviñeron José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Antonio Leira Piñeiro, deputado provincial de Deportes da Deputación da Coruña; Pilar Lueiro García, concelleira de Deportes de Santiago de Compostela; Juan Carlos Brión Lema, presidente da Federación Galega de Natación; e José Rioseco Díaz, presidente do Club Natación Cidade de Santiago.”Estamos a apoiar un deporte que realmente merece a pena”, dixo José Ramón Lete Lasa, quen tamén felicitou as universidades polo seu impulso da natación, feito que fai que “o estudantado teña unha vida mellor”, afirmou. Pola súa parte, Antonio Leira puxo o foco na colaboración entre administracións “que fai que sexamos imparables”, subliñou, para despois destacar “o potencial enorme” que Galicia alberga nesta modalidade deportiva.Maioría feminina
Na competición, a maioría dos deportistas son mulleres. En concreto, daranse cita un total de 44 nadadoras e 35 nadadores. De entre o conxunto de participantes 30 proceden da USC, 22 da UDC e 27 da UVigo. O campionato abracará dez probas da categoría absoluta feminina, outras dez da absoluta masculina, e dúas probas de remudas mixtas. Cada Universidade pode participar como máximo con catro deportistas por proba e cada deportista, como máximo, poderá participar en dúas probas individuais, á marxe das probas de remudas nas que sexa seleccionado/a. Os xuíces serán designados pola Federación Galega de Natación.As probas desenvolveranse entre as 11.30 e as 13.00 horas deste xoves 29 e ao remate procederase á entrega de medallas e trofeos. A USC organiza o Campionato 2024 e conta coa colaboración da Universidade da Coruña, Universidade de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Santiago de Compostela, Federación Galega de Natación e Club Deportivo Natación Cidade de Santiago. No ano 2022, a UVigo foi a institución anfitrioa, mentres que en 2023 foi a quenda da UDC.

Leer más:   Santiago acollerá o I Torneo Internacional de Balonmán Deputación da Coruña do 9 ao 11 de decembro

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 25 de febrero de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 26 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.