Inicio Últimas Noticias Máis de 1.200 nenos e nenas de 25 colexios visitan nestes días...

Máis de 1.200 nenos e nenas de 25 colexios visitan nestes días o parque infantil de tráfico

MOBILIDADE E CONVIVENCIA
Máis de 1.200 nenos e nenas de 25 colexios visitan nestes días o parque infantil de tráfico

26/02/2024 O Parque Infantil de Tráfico instalado pola Policía Local en Amio recibirá nestes días a visita de máis de 1.200 alumnos e alumnas de 25 colexios de Santiago. O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Xan Duro, achegouse esta mañá ata o recinto feiral, onde coincidiu co alumnado do CEIP Rodríguez Xixirei da Lavacolla. O edil salientou “o importante traballo que desenvolve o departamento de Educación Viaria da Policía Local, mostrando cales deben ser as prácticas seguras como péons e como conductores e conductoras”.

O parque infantil de tráfico complementa a formación teórica que o alumnado recibe tanto nas súas propias aulas coma no recinto feiral de Amio, para empezar a coñecer os sinais de tráfico e as normas de comportamento de peóns, ciclistas ou, nun futuro, conductores e conductoras. Para iso, o departamento de Educación Viaria da Policía Local organiza un circuíto que simula unha cidade, na que os nenos e nenas deben moverse camiñando, en bicicleta ou en karts a pedais para saberen como teñen que actuar para evitar accidentes de tráfico.O parque infantil de tráfico é unha das moitas accións que impulsa ao longo de todo o curso o Departamento de Educación Viaria da Policía Local dirixidas a alumnado tanto de Primaria como de Secundaria e Bacharelato. Estas actividades chegan cada curso a uns 4.500 rapaces e rapazas de Santiago.

Leer más:   O Pazo de Raxoi recibe o delegado rexio con motivo da Ofrenda da Translación

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 25 de febrero de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 26 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.