Inicio Últimas Noticias Aprobadas as bases e a convocatoria do Premio Xohana Torres 2024

Aprobadas as bases e a convocatoria do Premio Xohana Torres 2024

XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as bases e a convocatoria do Premio Xohana Torres 2024

26/02/2024 A Xunta de Goberno deu luz verde á nova convocatoria do ‘Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual sobre as mulleres na sociedade galega’ para o ano 2024. As propostas presentadas poderán ser obras de carácter histórico, político, científico, literario, artístico que deberán abordar a participación das mulleres nos diferentes ámbitos da sociedade galega co obxectivo de reconstruír a súa memoria histórica. O executivo municipal tamén deu luz verde á lista de persoas autorizadas para usar as hortas urbanas municipais do parque da Almáciga.

A esta convocatoria pode concorrer calquera persoa física ou agrupacións de persoas sen personalidade xurídica e os traballos deben tratar da participación social e política das mulleres e ter como obxectivo reconstruír a súa memoria histórica. Poden ser ensaios literarios ou científicos, mais tamén pezas audiovisuais sobre as mulleres galegas ou experiencias das mulleres en Galicia. O prazo de presentación de obras estará aberto desde o vindeiro 8 de marzo ata o 3 de decembro ás 14:00 horas.Cada premio, un na modalidade de ensaio e outro na modalidade de creación audiovisual, estarán dotados con 2.500 €, que cubrirán os dereitos de edición das obras por parte do Servizo de Publicacións da USC.O Premio Xohana Torres recuperouse en 2016 tras varios anos sen convocarse e co obxectivo de recuperar a memoria histórica das mulleres de Compostela. Foi instituído no ano 1993 e, tras 17 edicións, decidiuse abrir o premio ao ensaio, tanto literario como científico.Tamén se aprobaron esta mañá as bases da convocatoria da XV edición dos Premios Educacompostela de recursos didácticos en prol da innovación, da calidade educativa e da renovación pedagóxica que convoca o Departamento de Educación do Concello de Santiago coa colaboración pedagóxica de Nova Escola Galega.Hortas urbanas da AlmácigaO executivo municipal tamén deu luz verde á lista de 32 persoas solicitantes que obtiveron a autorización para o uso das hortas urbanas municipais do parque da Almáciga, así como da lista de agarda.As convocatorias de autorización de uso das hortas urbanas están abertas a toda a veciñanza de Santiago con preferencia aquelas persoas con domicilio nun radio de 500 metros dende a horta de referencia e/ou maiores de 65 anos. A Comisión encargada de avaliar as solicitudes presentadas está presidida polo concelleiro de Parques e Xardíns, Xesús Domínguez, e formada polo encargado de xefe de Parques e Xardíns e o xefe da sección de Biodiversidade.A Xunta de Goberno tamén acordou esta mañá pór a disposición da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, de xeito temporal, os terreos de titularidade municipal necesarios durante a execución do Proxecto de Trazado do Eixe de Mobilidade Sustentable en Santiago de Compostela, ‘Treito acceso ao Hospital Clínico Universitario de Santiago’. Esta cesión temporal estará suxeita a unha serie de condicións sinaladas polo Concello de Santiago a través do decreto da Alcaldía de 15 de febreiro de 2023 e das alegacións presentadas no proceso de información pública que implican a redución ao mínimo posible da ocupación de terreo non cualificado como viario nos ámbitos DM-2 e ZL-5 do Plan Parcial do SUP-6 Santa Marta e a imposibilidade de expropiar parcelas municipais de dominio público con independencia da súa cualificación no planeamento.

Leer más:   Máis de 250 cativos e cativas participan en tres simulacros de evacuación nas escolas infantís de Santiago

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 25 de febrero de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 26 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.