Inicio Últimas Noticias O 15 de marzo ábrese o prazo para renovar as tarxetas de...

O 15 de marzo ábrese o prazo para renovar as tarxetas de acceso á cidade histórica

MOBILIDADE E CONVIVENCIA
O 15 de marzo ábrese o prazo para renovar as tarxetas de acceso á cidade histórica

23/02/2024 Dende o 15 de marzo e ata o 30 de abril, a Concellaría de Mobilidade e Convivencia abrirá un prazo excepcional para solicitar a renovación de tarxetas ou distintivos de paso e parada para o acceso á cidade histórica que estean caducadas. O prazo de vixencia destes distintivos é de dous anos, polo que todos aqueles concedidos no ano 2022 e anteriores xa caducaron ou caducarán ao longo deste 2024.

Todas as persoas que conten con tarxetas ou distintivos de paso e parada para accede á zona histórica que estean caducados, poderán solicitar a súa renovación entre o 15 de marzo e o 30 de abril. A vixencia destas tarxetas é de dous anos, polo que transcorrido este prazo é preciso renovalas.Os distintivos de paso e parada permiten aos vehículos autorizados o acceso á cidade histórica por calquera causa, salvo carga e descarga, nos horarios establecidos. Existen tres modalidades: titulares ou alugueiros de inmobles no casco histórico, titulares de establecementos mercantís e por razóns familiares.Regular o acceso á cidade históricaO concelleiro de Mobilidade e Convivencia indicou que, ademais de que a renovación das tarxetas cada dous anos é unha obriga recollida na ordenanza, “o obxectivo é actualizar o censo destas autorizacións de paso e parada, coincidindo coa próxima entrada en funcionamento dos bolardos de acceso á cidade histórica instalados no marco do proxecto Smartiago”. Nas últimas semanas, acometéronse as reparacións precisas nestes bolardos “que foron instalados en 2022 pero que non chegaron a estar operativos por problemas na conexión entre o seu software e as bases de datos da Policía Local”. Xan Duro apuntou que “ese problema está solventado, os bolardos entrarán en funcionamento proximamente, e serán un elemento fundamental para garantir o cumprimento dos requisitos da Zona de Baixas Emisións da cidade histórica”. Na actualidade, hai máis de 1.500 tarxetas de paso e parada na zona histórica, e tal e como apuntou o concelleiro, “é preciso actualizar estas autorizacións”Solicitude de renovaciónPara a solicitude de renovación, as persoas interesadas deberán presentar na sede electrónica do Concello de Santiago a través do trámite ‘Tarxeta de acceso á Cidade Histórica’, o formulario correspondente (Modelo MO025) acompañado da documentación requirida en cada unha das modalidades.As persoas titulares destas autorización estarán obrigadas a notificar ao Concello o cambio de vehículo ou calquera modificación producida nas condicións que, no seu momento, serviron de base para a súa concesión.

Leer más:   As pregoeiras animan a todo o mundo a achegarse á praza do Obradoiro esta noite e "bailar ao son de Leilía"

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEn el MWC, Napptilus Tech Labs presenta su colección de startups líderes, muchas de ellas impulsadas por IA
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 23 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.