Inicio Últimas Noticias Turismo de Santiago e a Xunta de Confrarías presentan o programa de...

Turismo de Santiago e a Xunta de Confrarías presentan o programa de Semana Santa

TURISMO
Turismo de Santiago e a Xunta de Confrarías presentan o programa de Semana Santa

22/02/2024 A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, o arcebispo da Diócese de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto, e a presidenta da Xunta da Confrarías, María Elena Bernárdez, presentaron no Pazo de Raxoi o folleto que recolle o programa de actividades que neste ano se desenvolverán xa dende finais de febreiro e ata primeiros de abril arredor da Semana Santa. O programa en papel está xa dispoñible na oficina de información de Turismo de Santiago, na rúa do Vilar, así como nas sedes das distintas confrarías de Santiago.

A Semana Santa é un atractivo turístico de Santiago, tal como recoñece a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia, que recibiu no ano 2018. Trátase ademais dun evento que tradicionalmente marca o comezo da temporada alta turística na cidade. Por iso, un dos obxectivos é promocionar, ademais dos propios días centrais da celebración, as actividades que se desenvolven previamente para fomentar a desestacionalización.Por estes motivos, dende o Concello de Santiago, en colaboración coa Xunta de Confrarías, edítase cada ano un folleto que recolle tanto as celebracións relixiosas e litúrxicas propias destas datas, como outro tipo de actividades dirixidas a distintos perfís de turistas: culturais, gastronómicas e de natureza.O folleto recolle as 16 procesións que percorren o casco histórico compostelán dende o Venres de Dores ata o Domingo de Resurección, contando ademais, cunha procesión de traslado a “Dominica In Albis” o segundo Domingo de Pascua. Todas elas, organizadas polas 11 confrarías que hai na cidade, percorren as inmediacións da Catedral de Santiago.O programa inclúe as actividades culturais e exposicións que terán lugar durante estas semanas. Tamén destaca os concertos que se celebrarán dentro de “De Lugares e Órganos”, ciclo musical centrado no patrimonio organístico de Santiago. Ademais, inclúe os horarios de apertura de igrexas, algunha das cales abre excepcionalmente en Semana Santa.Respecto da gastronomía, inclúense dúas propostas: as datas finais de Santiago(é)tapas, o concurso de tapas organizado por Turismo de Santiago, que remata o tres de marzo; e, en especial, a celebración da Festa das Uñas de San Lázaro, que terá lugar do 16 ao 18 de marzo, e na que se pode degustar o tradicional prato de uñas en máis de vinte locais, tanto do barrio de San Lázaro como doutros barrios de Compostela.Finalmente, inclúese unha proposta para amantes da natureza baixo o nome de “Santiago Natural”, recomendando en concreto a senda fluvial “O berce do Sar” con motivo das festas do barrio. Trátase dunha ruta de 5,5 kilómetros que atravesa de parte a parte o barrio de San Lázaro da cidade, seguindo o río Sar augas arriba, ata o seu nacemento. O paseo permite coñecer o pasado e presente de Compostela, pasando a carón de antigos curtidoiros, vellos muíños e fontes que amosan os diferentes usos do río na antigüidade, e tamén de construcións máis modernas para facilitar o desenvolvemento urbano.

Leer más:   A acrobacia volve á escena compostelá con ‘DESproVISTO’

Documentos relacionados

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorESG, estrategia e innovación encabezan los informes anuales de los CEO
Artículo siguienteÚLTIMA HORA | Fallece Ulpiano Villanueva, pionero de la Axencia Tributaria Galega, a los 52 años
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.