Inicio Últimas Noticias María José Llergo presenta ‘Ultrabelleza’ no Auditorio de Galicia

María José Llergo presenta ‘Ultrabelleza’ no Auditorio de Galicia

CAPITAL CULTURAL
María José Llergo presenta ‘Ultrabelleza’ no Auditorio de Galicia

21/02/2024 Con este concerto, a artista cordobesa leva ao escenario un traballo que aproxima o flamenco ao urbano e que lle valeu o Premio Ruído ao mellor álbum da escena musical española en 2023. As entradas para este evento, que terá lugar o sábado ás 20.30 horas na Sala Ángel Brage do Auditorio, poden ser adquiridas no despacho de billetes do recinto o propio día do concerto, e os días antes na web de Compostela Cultura e no despacho de billetes da Zona C.

Con ‘Ultrabelleza’, o seu segundo álbum tras o luminoso debut que teceu con ‘Sanación’, María José Llergo consolídase un lugar de seu na escena musical española e mesmo se abre camiño na internacional. Lonxe de se acomodar, a compositora e intérprete cordobesa aposta neste novo traballo pola exploración sonora e persoal, pola complexidade de matices nunha mestura que harmoniza o flamenco coa electrónica e o R&B e que serve de base a un relato que reivindica a liberdade e a beleza do diferente.”Ultrabelleza é unha luz que nos percorre por dentro, que sae do noso peito e se proxecta sobre o mundo que nos rodea… iluminándoo. A ultrabeleza pode transformar o escuro en luz, o odio en amor… Porque ‘Non hai nada máis radical, que facer o ben’. Sobre todo nun mundo onde odiar está normalizado e amar libremente sae aínda, moi caro. Este disco é unha celebración da diversidade do mundo que nos rodea, que é o noso maior tesouro. Unha bendición a todo o que sufriu a exclusión dun sistema que maldí a quen se saia da súa cuadricula binaria”, manifesta na presentación do disco.Este traballo, que se presentará ao público de Compostela en concerto o próximo sábado, día 24 de febreiro, ás 20.30 horas no Auditorio de Galicia, está a recibir múltiples recoñecementos tanto na contorna estatal como na internacional. Entre os máis recentes, destaca a inclusión de ‘Ultrabelleza’ nas listaxes dos mellores discos do ano en medios referenciais do eido musical como Pitchfork (na categoría de ‘Best Music By Latin and Spanish Artists’), NPR (que o inclúe na de Best Album 2023) ou Rolling Stone (Best Latin Album), así como o Premio Ruido a Mejor Álbum Nacional de 2023, que lle concedeu Periodistas Asociados Musicales (PAM), e que distinguiu a súa “instrumentación etérea e case minimalista onde se impón a voz como unha perfecta metáfora da liberdade”:En efecto, a aproximación intimista de M.J. Llergo neste traballo vertébrase nunha voz que non teme xogar e voar entre sonoridades, que busca fórmulas novas da man de colaboracións como as que mantén con Zahara, Martí Perarnau, George Moore ou Knox Brow, e que se rompe e se recupera á vontade na sucesión de pistas que conforman o álbum. Con estes vimes, María José Llergo constrúe, tal e como se recolle nos materias de difusión do traballo “un discurso apoderado dende a alegría dunha artista que transita por territorios vangardistas e sinfónicos sen renunciar ás súas raíces nun son único que foxe de clixés e etiquetas”.Para descubrilo en vivo, fican aínda entradas dispoñibles (a un prezo de 14 € con descontos do 50% para diferentes colectivos) que poden ser adquiridas na web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C (aberta de martes a sábado, de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas) e no do Auditorio de Galicia (o propio día do concerto dende unha hora antes do seu comezo).

Leer más:   O novo parque da praza de León abrirá ao público mañá, xoves 12 de outubro

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorTECNIBERIA reclama la colaboración de empresas, Administración y sector educativo para mejorar la calidad del empleo en la ingeniería
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 21 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.