Inicio Últimas Noticias Compostela será o epicentro do Día de Rosalía, con actos institucionais e...

Compostela será o epicentro do Día de Rosalía, con actos institucionais e 30 locais hostaleiros a ofrecer o Caldo de Gloria

CAPITAL CULTURAL
Compostela será o epicentro do Día de Rosalía, con actos institucionais e 30 locais hostaleiros a ofrecer o Caldo de Gloria

20/02/2024 Os actos oficiais terán lugar na mañá do venres 23 de febreiro en Santiago: na praza de Vigo e no Hostal dos Reis Católicos, con música do alumnado da Escola Municipal de Santiago, dos Carapaus e de Faia. A Fundación Rosalía de Castro e o Concello de Santiago fan un chamamento á veciñanza compostelá e á toda a sociedade galega a celebrar o Día de Rosalía lendo a súa obra, comendo un Caldo de Gloria e participando na Alborada para Rosalía. 30 locais hostaleiros da cidade ofrecerán Caldo de Gloria grazas á colaboración da Asociación de Hostelería de Compostela e Hostalaría.gal.

Un ano máis achégase o Día de Rosalía e Santiago de Compostela será o epicentro, xunto con Padrón, das celebracións que teñen lugar por todo o país. Alí naceu, preto da praza de Vigo, daquela concello de Conxo, un 23 de febreiro de 1837, e 187 anos máis tarde a Fundación Rosalía convida a celebrar o Día de Rosalía lendo textos da autora, facendo un Caldo de Gloria e uníndose á Alborada para Rosalía.En Compostela convócanse os actos centrais do Día, en colaboración co Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, a asociación Raigame e a Asociación de Hostelería Compostela e Hostalaría.gal. O principal será no Hostal dos Reis Católicos, onde a autora foi bautizada ao día seguinte de nacer. Alí haberá lectura de poemas rosalianos por parte de representantes institucionais e a actuación de Os Carapaus, a cantante Faia e alumnado da Escola de Música de Santiago (Estela Pereira e Lucas Lugo).Antes, ás 11, haberá Alborada cos Carapaus e ofrenda floral na praza de Vigo, alén de recitado de poemas por parte de nenos e nenas dos colexios Quiroga Palacios e Cluny.Ao Caldo de Gloria xa se sumaron moitos colexios e locais hostaleiros de todo o país, e repartiranse ata 80.000 manteis da iniciativa, espallados por vilas e cidades galegas. Este ano ademais participarán varios centros galegos no exterior, como os de Donostia, Castelló, Burgos, Alicante e Valencia.En Santiago ofrecerán Caldo 13 colexios da cidade e 30 locais hostaleiros, grazas á colaboración da Asociación de Hostelería de Compostela e Hostalaría.gal.A iniciativa do Caldo de Gloria ten a súa orixe no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde a partir da épica da supervivencia, diaria e doméstica, que protagoniza unha muller. Comezou a realizarse con éxito en 2017, cun seguimento masivo en Padrón, e en 2018 xa se converteu nun evento seguido a nivel galego.Alborada de RosalíaEste ano volvemos celebrar tamén o Día de Rosalía cunha Alborada en colaboración coa Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegas, ao igual que se fixera en 2013 e nos catro últimos anos.A “Alborada de Rosalía” é unha peza musical escrita pola propia poeta, polo que facemos desde aquí un chamamento a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galicia (e non só: tamén a outros músicos: sexan pandereteiras, requinteiras, tamborileiras, etc.) para dar unha alborada e saudar así con alegría e esperanza o día do nacemento da nosa escritora.

Leer más:   A Xunta de Goberno Local aproba as bases da convocatoria de subvencións destinadas ás asociacións veciñais cunha contía de 98.000 euros

- Te recomendamos -
Artículo anteriorTREA AM cierra 2023 con más de 5.600 millones de euros en activos gestionados, con un incremento anual del 15%
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 20 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.