Inicio Últimas Noticias Os Premios Youtubeiras xa teñen gañadoras

Os Premios Youtubeiras xa teñen gañadoras

LINGUA
Os Premios Youtubeiras xa teñen gañadoras

17/02/2024 Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de nove concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación en galego no YouTube con temáticas e formatos diversos, así como de promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, celebrou este sábado no Teatro Principal de Santiago a gala de entrega dos seus premios. O acto, conducido por Nuria Vil e Gabri Fuentes, contou coa actuación de Mondra. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a deputada de Lingua da Deputación da Coruña, Soledad Agra; e a coordinadora de Youtubeiras, Carme Pereiro, interviñeron durante a gala en representación da organización.

Ao longo da noite, Youtubeiras entregou os oito galardóns nos que se divide o certame, todos eles acompañados cunha dotación económica de mil euros, agás o premio do público, que conta con 500 euros. O xurado desta edición estivo conformado por Nee Barros, quen levou o Premio Youtubeira na edición anterior e que se define como divulgadore cultural, escritore e youtubeire; Fátima Souto Muñiz, exbolseira do Servizo de Normalización do Concello de Ames; Irene Pin, creadora audiovisual; Rodri Míguez, xornalista musical e membro de equipos de comunicación de festivais e artistas, e Belén Puime, creadora de contido audiovisual a través do perfil @pringadas.serie tanto en TikTok como en Instagram. Este xurado decidiu, segundo se recolle na acta das súas deliberacións, o seguinte palmarés:O premio Canle recoñeceu este ano a OU Ké! O xurado escolleu a esta Canle pola “súa profesionalidade, a súa calidade técnica e o seu coidado na estética”, así como polo seu “impacto”, pola súa “integración entre os medios de comunicación” e “pola súa pluralidade de voces”.O premio Youtubeira foi para Recuncho Gamer. O xurado salientou a súa ampla “actividade en todas as redes”, a súa “orixinalidade” e a súa vontade de “incorporar referentes doutros ámbitos no mundo dos videoxogos para lle dar maior visibilidade”.O premio Youtubeira Revelacion recaeu en O faiado Podcast. O xurado puxo en valor a súa capacidade parar “xerar espazo para a cultura pop en galego” e “chegar ás xeracións máis novas”. Tamén subliñou a súa aposta por “crear un universo transmedia con presenza nas tres redes empregadas pola mocidade (instagram, tiktok e youtube)”.O premio Vídeo distinguiu a peza Unha fin de semana en londres, da canle todomalva Gz. O xurado destacou a súa capacidade para “transmitir tanta intimidade nun vídeo”, así como a súa “orixinalidade no formato e a construción do relato”.O premio Calidade Lingüística levouno olaxonmario. O xurado recoñece na acta a súa “capacidade de difusión” e a súa “conexión coa lusofonía. Tamén valora “o coidado da lingua” e “a conservación dos trazos dialectais”.O premio Pioneiro distinguiu a FicaCoabola. O xurado gabou a “entrega e dedicación” desta canle para “xerar contidos e crear comunidade” ao redor da actualidade deportiva local.O premio Rede foi para Youtube en Galego por ser, a ollos do xurado, “unha canle feita para dar a coñecer e fortalecer as relacións entre persoas creadoras”. Nese senso, o xurado enxalzou o seu traballo anovador ao impulsar “un tecido asociativo arredor do youtube en galego”.Por último, o premio do público acadouno Savia Nova. O xurado decidiu ratificar o vídeo máis votado proposto polo público: De Galicia a Namibia estudando guepardos. Na acta do xurado, “púxose en valor a calidade técnica, o impacto e a orixinalidade do tema tratado”.Estes foron os premiados nun ano no que aspiraban 18 canles finalistas. Nesta edición, na que participaban vídeos subidos entre novembro de 2022 e novembro de 2023, presentáronse 68 canles diferentes. A esta cifra cómpre sumarlle os 24 vídeos propostos pola audiencia a través das redes sociais. En cómputo xeral, todos os vídeos subidos neste período polas 68 canles concorrentes representan máis de 32.400 minutos en galego en Youtube.Á gala asistiron diferentes representantes das institucións que conforman a organización de youtubeiras. Algúns deles, como o alcalde de Ames, Blas García, e a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, subiron ao escenario para facer entrega de galardóns aos premiados. Tamén exerceron ese papel, ademais das xa amentadas Goretti Sanmartín e Soledad Agra, a concelleira de Cultura e Festas de Carballo, Maruxa Suárez Cotelo; o concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, Demetrio Gómez Xunqueira; a concelleira de Cultura de Rois, Victoria Quiroga, e o vicerreitor de Transformación Dixital e innovación da Universidade de Santiago, Gumersindo Feijoo.Por parte da Deputación da Coruña, tamén estivo presente a súa deputada de Cultura, Natividad González. A concelleira de Ames Escarlata Pamín acudiu á gala, como tamén diferentes membros da corporación municipal de Santiago de Compostela. Así, dende o Goberno local, acudiron Pilar Lueiro, Xesús Domínguez, Míriam Louzao e Iago Lestegás, integrantes do grupo municipal do BNG, e Xan Duro, membro do grupo municipal de Compostela Aberta. Do Grupo municipal do PP acudiron Borja Verea e Olaya Otero. Por parte do PSdeG, estivo a edil Marta Abal.Relación de Gañadores e finalistas por categorías1. Premio Canle: OU ké!Finalistas:Cinema CaníbalToxío2. Premio Youtubeira: Recuncho GamerFinalistas:Exército MekemekePingando3. Premio Youtubeira Revelación: O faiado PodcastFinalistas:Luís do Río PenaSavia Nova4. Premio Vídeo: Unha fin de semana en Londres, de MalvaFinalistas:Seminario de Estudos Galegos, o centenario, de Prado RúaDerrubando xigantes, de Toxío5. Premio Calidade Lingüística: OlaxonmarioFinalistasPrado RúaCasa Gallinitas6. Premio Pioneiro : FicaCoaBolaFinalistas:Recuncho GamerLilium7. Premio Rede: Youtube en GalegoFinalistas:Alma da Vella ChousaOU Ké!8. Premio do Público: Savia novaFinalistas:Noticias dispersasFica coa bola

Leer más:   Alingua desvela a campaña É túa. Pásaa! para apelar ao uso do galego no individual e no colectivo

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEn la carrera europea del 5G, Berlín avanza mientras Londres se queda atrás
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 17 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.