Inicio Últimas Noticias Últimas horas para a presentación de propostas no proceso dos Orzamentos Participativos...

Últimas horas para a presentación de propostas no proceso dos Orzamentos Participativos de Xuventude

XUVENTUDE
Últimas horas para a presentación de propostas no proceso dos Orzamentos Participativos de Xuventude

14/02/2024 Mañá, 15 de febreiro, ás 14.00 horas péchase o prazo para a presentación de propostas no proceso de Orzamentos Participativos na área de Xuventude. Calquera persoa, sen límite de idade, pode formular as súas iniciativas, se ben só os mozos e mozas de entre 16 e 30 anos poderán votar para elixir as gañadoras. A día de hoxe, xa son máis dun cento as propostas validadas no proceso, no que se decide o destino de 100.000 euros do presuposto para actividades da área de Mocidade.

O proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide está acadando uns altos niveis de participación, e xa se teñen presentado máis de 200 propostas tanto a través da web decide.santiagodecompostela.gal como nos talleres formativos presenciais que se desenvolveron en institutos e facultades de Santiago. O persoal técnico do departamento de Xuventude encárgase de avaliar esas iniciativas, para comprobar a súa viabilidade e que se axustan ao orzamento máximo de 15.000 euros por proxecto, e tamén para agrupar aquelas propostas que sexan coincidentes. Despois deste traballo, a día de hoxe son máis dun cento as iniciativas validadas para seren sometidas a votación. Entre elas, hai proxectos relacionados coa música, artes urbanas, cine, deportes, emprendemento xuvenil, igualdade, dereitos dos animais ou ecoloxismo.O prazo para a presentación de propostas remata mañá, ás 14.00 horas. Calquera persoa pode deixar as súas na web decide.santiagodecompostela.gal ou no correo electrónico decide@santiagodecompostela.gal.Votación a partir do 19 de febreiroA fase de votación nos Orzamentos Participativos de Xuventude comezará o luns 19 de febreiro, e estenderáse ata o 3 de marzo. Poderán votar os mozos e mozas nacidos entre 1994 e 2008 que residan, estuden ou traballen en Santiago, e será obrigatorio elixir tres das propostas presentadas indicando o seu grao de preferencia.No proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide téñense celebrado máis dunha vintena de obradoiros nos IES Xelmírez I, San Clemente, Fontiñas, Rosalía de Castro, Sar, e Pontepedriña; na Universidade de Santiago e no Centro Xove da Almáciga; nos que participaron en total máis de 900 mozos e mozas.

Leer más:   A Xunta de Goberno Local aprobará este luns o proxecto de reurbanización da Praza de León

- Te recomendamos -
Artículo anteriorCerca del 90% de los consumidores opta por viajar como principal gasto
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 14 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.