Inicio Últimas Noticias Máis de 15.000 persoas visitaron as arquitecturas non construídas en Santiago de...

Máis de 15.000 persoas visitaron as arquitecturas non construídas en Santiago de Compostela

CONSORCIO
Máis de 15.000 persoas visitaron as arquitecturas non construídas en Santiago de Compostela

14/02/2024 A Casa do Cabido acolle ata o próximo domingo 18 de febreiro a exposición “Santiago proxectado, arquitecturas non construídas”.

A Casa do Cabido acolleu durante tres meses unha mostra que permitiu aos visitantes facer un percorrido a través dun total de 14 proxectos arquitectónicos e urbanísticos que non chegaron a construirse na cidade compostelá.Esta exposición, “Santiago proxectado, arquitecturas non construídas” – comisariada polo historiador e xornalista Fernando Franjo, e a historiadora da arte, Ana Paula Castro, co apoio directo dun equipo de arquitectos coordinado por Paula Franjo Calvo, asesora técnica da mostra – achegou por primeira vez en Compostela e en Galicia, imaxes, planos e proxeccións de ideas que finalmente non foron construídas na cidade e que permanecen no descoñecemento ou esquecidas.Os 14 proxectos mostrados inclúen obras de arquitectos de renome e prestixio internacional como Norman Foster, Antonio Palacios, Rafael Moneo, Alejandro de la Sota ou Álvaro Siza. Os máis de trinta paneis informativos, medio centenar de planos, recreacións en 3D e reproducións axonométricas dos proxectos dividíronse nas catro salas da Casa do Cabido, organizadas según os espazos de Compostela que os proxectos recrean: A Catedral e a súa contorna, A Alameda e as aperturas de Compostela, O Ensanche e os bordes do casco histórico e Os límites urbanos. As últimas décadas.A exposición, a primeira destas características na Casa do Cabido, está tendo moi boa acollida tanto por parte de persoas curiosas que se achegan a ela como para diferentes colectivos profesionais e culturais que concertaron visitas guiadas nos últimos meses. A veciñanza de Compostela que se achega á mostra destaca como atractivo o documental sobre o Edificio Castromil, no que se poden ver as imaxes inéditas do seu interior – antes do seu derrubamento en 1975 – e o proxecto realizado para a súa rehabilitación, que tampouco se fixo realidade.Últimos díasA exposición, gratuita, estará aberta ata o próximo domingo 18 de febreiro na Casa do Cabido, en horario de 10 a 14 y de 16 a 20 de martes a sábado, e o domingo 18 de 11 a 14.

Leer más:   A Banda Municipal de Música inicia o segundo ciclo de "SonArte" no ano do 175 aniversario da súa fundación

- Te recomendamos -
Artículo anteriorCerca del 90% de los consumidores opta por viajar como principal gasto
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 14 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.