Inicio Últimas Noticias Últimos días para aboar a taxa anual das tarxetas de municipio

Últimos días para aboar a taxa anual das tarxetas de municipio

MOBILIDADE E CONVIVENCIA
Últimos días para aboar a taxa anual das tarxetas de municipio

13/02/2024 Este venres, 16 de febreiro, será o último día para aboar a taxa anual correspondente ás tarxetas de aparcamento para todos os residentes que xa posúan unha.

A tarxeta de municipio ten un custe anual de 50 euros, e pódea solicitar calquera persoa empadroada en Compostela, sempre que sexa dona do vehículo segundo o permiso de circulación, e pague o imposto de circulación no Concello de Santiago.O pago da taxa efectuarase nas oficinas de TUSSA, na Estación Intermodal (rúa Clara Campoamor) de luns a venres en horario de 9 a 14 h e de 16:30 a 20:30 h.A persoa interesada deberá acreditar a titularidade da tarxeta con D.N.I., tarxeta de residencia ou pasaporte. No suposto de actuar por representación, deberá acreditarse a mesma, aportando fotocopia de identificación do representante e autorización asinada polo representado.Todas aquelas tarxetas que non sexas abonadas en prazo, serán dadas de baixa automáticamente.As tarxetas están identificadas cun “L” e permiten aparcar en todas as zonas verdes da cidade, é dicir, as habilitadas para residentes en horario de 7 h a 21h. No caso das zonas azuis, as zonas ORA, o prezo, para os que posúan a tarxeta, verase reducido á metade.

Leer más:   O Concello de Santiago mantén os descontos do 50% nos bonos multiviaxe do bus urbano

- Te recomendamos -
Artículo anteriorIsdin sigue en el top de compañías para trabajar en España según Top Employer
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 13 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.