Inicio Últimas Noticias A gala dos Premios Youtubeiras reivindicará o galego como fogar integrador e...

A gala dos Premios Youtubeiras reivindicará o galego como fogar integrador e diverso para a comunidade creadora de contidos na Rede

LINGUA
A gala dos Premios Youtubeiras reivindicará o galego como fogar integrador e diverso para a comunidade creadora de contidos na Rede

13/02/2024 Un total de 18 finalistas aspiran a gañar nas oito categorías nas que se dividen os galardóns nunha gala que se celebrará no Teatro Principal de Santiago baixo a presentación de Nuria Vil e Gabri Fuentes e coa actuación musical de Mondra. A gala terá lugar este sábado 17 ás 20.00 horas e será de acceso gratuíto. Para asistir como público, cómpre retirar previamente os convites na Zona C no seu horario habitual ou no despacho de billetes do Teatro Principal dende unha hora antes do inicio da gala.

Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos de Ames, Carballo, O Grove, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Rois, Santiago e Teo, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación en galego no YouTube con temáticas e formatos diversos, así como de promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, fará entrega dos Premios Youtubeiras 2023 este sábado, 17 de febreiro. A gala celebrarase no Teatro Principal de Santiago e contará coa condución de Nuria Vil e Gabri Fuentes e coa actuación musical de Mondra. Así o adiantaron esta mañá en rolda de prensa a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín; a deputada de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Soledad Agra, e Nuria Vilán Prado (coñecida co nome artístico de Nuria Vil) quen se encargou de explicar diferentes detalles da gala.A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recordou que a iniciativa Youtubeiras é un “exemplo claro de cooperación interinstitucional” cun obxectivo común que é o de “promocionar o uso da lingua en todos os ámbitos e espazos e de maneira singular nas redes” e salientou “a vontade e o compromiso” dos concellos, da Deputación e das universidades implicadas para desenvolver un programa “de longo percorrido” a través da creación dunha “comunidade de youtubeiras” que constitúe “un espazo acolledor e diverso”. A rexedora tamén parabenizou os 18 proxectos finalistas e convidou á toda a veciñanza a encher o Teatro Principal para a gala que terá lugar o vindeiro sábado.Unha gala que procurará reivindicar o galego como un fogar integrador e diverso para a comunidade creadora de contidos na Rede. O Teatro Principal acollerá a partir das 20.00 horas a entrega dos galardóns nun evento no que haberá espazo para o humor, mais tamén para transmitir con rigor asuntos serios ao redor da lingua, da creación de contidos, das relacións interpersoais e tamén das redes sociais, un espazo que debe xerar sinerxías, afectos e debates, pero que en demasiadas ocasións se converte nun lugar virtual hostil. Nesta liña, a gala dos Premios Youtubeiras porá sobre o escenario proximidade e reflexión para remarcar o significado do lema que os galardóns asumen nesta edición: Rede aberta, Rede diversa!Na gala brindaráselles protagonismo aos conceptos de fogar e de seguridade a través do trato próximo que quere empregar o equipo artístico da gala e tamén mediante a simboloxía. Neste senso, para introducir cada unha das categorías emprégase como elemento de escenografía diferentes obxectos evocadores que manteñen relación coa creación de contidos para soportes visuais. Obxectos que, sen dúbida, serán, ben recoñecibles para a comunidade youtubeira.Gala gratuíta e retirada de convitesA gala dos Premios Youtubeiras 2023 celebrarase ás 20.00 horas no Teatro Principal. O acceso será de balde, mais cómpre retirar os convites previamente. Os puntos de distribución serán físicos: a Zona C (rúa Preguntoiro, 1, xusto na entrada á praza de Cervantes) no seu horario habitual (dende hoxe martes até o sábado, de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 19.00 h) e o despacho de billetes do Teatro Principal dende unha hora antes do inicio da gala (dende as 19.00 h).Máis de 32.000 minutos en galegoUn total de 18 propostas finalistas foron escollidas polo xurado de entre as 68 canles que se inscribiron para concorrer á edición de 2023 dos Premios. Durante a rolda de prensa, lembrouse que a esta cifra cómpre sumarlle os 24 vídeos propostos pola audiencia dixital para disputar o Premio do Público. Os vídeos no seu conxunto, publicados entre novembro de 2022 e novembro de 2023 nas diferentes canles, superan os 32.480 novos minutos en galego subidos ao YouTube.As persoas finalistas aspiran a gañar algunha das oito categorías nas que se divide o certame nesta edición: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público. A proposta gañadora en cada categoría recibirá 1000 euros, agás no caso do galardón decidido polo público, cuxa dotación económica é de 500 euros. En total, os Premios Youtubeiras repartirán 7500 euros.Dezaoito finalistasSeis finalistas aspiran a levar dous galardóns neste 2023: OU ké! (finalista en premio Canle e en premio Rede), Toxío (Canle e Vídeo), Recuncho Gamer (Youtubeira e Pioneiro), Fica coa bola (Pioneiro e Premio do Público), Prado Rúa (Calidade Lingüística e Vídeo) e Savia Nova (Revelación e Premio do Público).O premio Canle disputarase entre os xa citados Toxío e OU ké! xunto a Cinema Caníbal, mentres que o premio Youtubeira estará entre Recuncho Gamer, Exército Mekemeke e Pingando. Ao galardón Revelación aspiran O Faiado Podcast, Savia Nova e Luis do Río Pena. Os finalistas na categoría de vídeo son Derrubando Xigantes, de Toxío; Londres, de Malva; e SEG, de Prado Rúa.No trío de finalistas en Calidade Lingüística atópanse Prado Rúa, Olaxonmario e Casa Gallinitas e a terna no caso do galardón Pioneiro está formada por Recuncho Gamer, Lilium e Fica coa bola. Ao premio Rede optan OU ké!, Alma da Vella Chousa e YouTube en galego.Por último, o Premio do Público decidirase entre as tres propostas máis votadas na comunidade dixital: Noticias Dispersas, Fica coa bola e Savia Nova.Equipo artístico da galaNuria Vilán Prado (Nuria Vil) defínese como resitadora e diversifica os seus intereses profesionais para sosterse como creadora autónoma. Formouse en lingua e literatura nas Universidades de Vigo e Santiago. Forma parte da plataforma literaria A Sega e compaxina o traballo artístico, centrado principal na poesía escénica, coa corrección editorial.Gabri Fuentes estudou xornalismo, traballou no departamento de Contidos Web da Televisión de Galicia. Neste posto, estivo ao cargo da xestión das redes, da elaboración de infografías e do formato nativo en redes #MenosDunMinuto. Actualmente exerce de guionista e editor no #DígochoEu ao tempo que colabora no programa Xuntos en directo.Mondra é artista, cantareiro e bailador. Trátase dun dos artistas novos da nosa música con maior proxección de futuro. Con ARDĒN (Altofalante Music Spain, 2023), o seu primeiro traballo discográfico, presenta unha experiencia musical, visual e performativa, en diálogo coa música tradicional.Relación de finalistas por categorías1.Premio Canle- Cinema Caníbal- OU ké!- Toxío2.Premio Youtubeira- Recuncho Gamer- Exército Mekemeke- Pingando3.Premio Youtubeira Revelación- Luís do Río Pena- O Faiado podcast- Savia Nova4.Premio Vídeo- Seminario de Estudos Galegos, o centenario, de Prado Rúa- Unha fin de semana en Londres, de Malva- Derrubando xigantes, de Toxío5.Premio Calidade Lingüística- Prado Rúa- Olaxonmario- Casa Gallinitas6.Premio Pioneiro- Recuncho Gamer- Lilium- Fica coa bola7.Premio Rede- Alma da Vella Chousa- OU ké!- Youtube en Galego8.Premio do Público- Noticias dispersas- Fica coa bola- Savia Nova

Leer más:   O Mercado de Abastos acolle un espazo con catas e degustacións para a promoción de produtos galegos

- Te recomendamos -
Artículo anteriorIsdin sigue en el top de compañías para trabajar en España según Top Employer
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 13 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.