Inicio Últimas Noticias A mocidade compostelá desempregada formarase en Márketing Dixital e Cooperativismo da man...

A mocidade compostelá desempregada formarase en Márketing Dixital e Cooperativismo da man da Fundación Paideia e a Concellaría de Promoción Económica

PROMOCIÓN ECONÓMICA
A mocidade compostelá desempregada formarase en Márketing Dixital e Cooperativismo da man da Fundación Paideia e a Concellaría de Promoción Económica

12/02/2024 Santiago será unha das catro cidades do Estado que acollan o programa de formación de Marketing dixital e Cooperativismo organizado pola Fundación Paideia Galiza e a Escuela de Organización Industrial, grazas á colaboración da Concellaría de Promoción Económica. A actividade, dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 29 anos e totalmente de balde, desenvolveráse no Cersia ata o mes de xullo. A concelleira María Rozas presentou hoxe o programa formativo, nunha rolda de prensa na que a Fundación Paideia estivo representada por Juan Soriano e Fabiola Seoane.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude salientou que “este programa conxuga varias cuestións que son do máximo interese para o departamento: aposta pola mocidade, pola actividade emprendedora, e polo cooperativismo, un modelo produtivo clave para avanzar en termos de progreso económico e social”. María Rozas agradeceu aos organizadores que traian este proxecto a Santiago na súa terceira edición, e mostrouse convencida de que das clases “sairán proxectos que acaben sendo cooperativas e empresas exitosas”.O programa formativo Marketing Dixital e Cooperativismo da Fundación Paideia Galiza e a Escuela de Organización Industrial celebra a súa terceira edición en Santiago, A Coruña, Sevilla e Córdoba. No caso de Compostela, está prevista unha sesión de presentación o próximo día 16 no edificio Cersia de San Lázaro, mentres que a formación comenzará o 19 no mesmo espazo. No programa poden participar mozos e mozas de entre 16 e 29 anos, que recibirán máis de 200 horas de formación presencial, en horario de 10.00 a 14.00 horas, ata o mes de xullo. Ademais, o alumnado participante viaxará unha semana a Andalucía, para coñecer o tecido empresarial do marketing dixital.Durante a formación, o alumnado traballará en diferentes proxectos de emprendemento, que presentarán nun evento final, o Demoday, que será tamén o marco no que aqueles proxectos que queiran poidan presentarse a un concurso promovido pola Fundación Paideia Galiza e a Deputación da Coruña. O gañador recibirá un premio de ata 60.000 euros para financiar a posta en marcha do seu primeiro ano de actividade.No curso, o alumnado recibirá formación sobre marketing dixital e comunicación, atendendo a cuestións como a xestión de redes sociais, a creación de campañas de publicidade, branding e posicionamiento, diseño de web ou analítica. Tamén haberá módulos sobre ferramentas de negocio e emprendemento e cooperativismo, incluída a planificación financeira e a administración e xestión de proxectos.Inscricións abertasO programa formativo Marketing Dixital e Cooperativismo é de balde, e as inscricións seguen abertas. Poden realizarse a través do correo electrónico juventud@paideia.es, no teléfono 981 223 927; ou a través de whatsapp no 606 026 202. Pódese atopar toda a información do programa na web www.paideia.es

Leer más:   Os Bonos Corazón mobilizaron case 1,4 millóns de euros no comercio e a hostalería de Santiago

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCrece el interés en estudios sociales
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 12 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.