Inicio Últimas Noticias A Floristería Lilas faise co primeiro premio do concurso de escaparatismo de...

A Floristería Lilas faise co primeiro premio do concurso de escaparatismo de Nadal

COMERCIO
A Floristería Lilas faise co primeiro premio do concurso de escaparatismo de Nadal

08/02/2024 A Floristería Lilas vén de ser distinguida co primeiro premio do concurso de escaparatismo de Nadal, convocado desde o Departamento municipal de Comercio. Así o propuxo o xurado, que lles concedeu o segundo e terceiro premio a A tenda da Caldeirería e a Pilgrim Bag, respectivamente. Con esta iniciativa, o Concello trata de promover a creatividade dos comerciantes á hora de presentar os seus escaparates, contribuíndo así ao incremento do consumo no comercio local durante a época de Nadal.

Nesta edición, o primeiro premio, dotado con 2.000 euros, foi para a Floristería Lilas. A tenda da Caldeirería, segunda clasificada recibirá un galardón de 1.500 euros; e Pilgrim Bag, percibirá 1.200 euros polo seu terceiro posto. O xurado decidiu que o cuarto premio, de 1.000 euros, fora para Jael Joyería; mentres que o quinto clasificado, que recibirá 750 euros, foi Jael Boutique. Por último, o sexto premio, dotado con 500 euros, foi para De Cotío. En total, ao concurso presentáronse 21 establecementos.O xurado que decidiu os galardóns estivo integrado por representantes das asociacións de comerciantes de Santiago, a asociación Ourives de Compostela, a Unión de Consumidores de Galicia, e unha experta en interiorismo e decoración. No certame entréganse ata un total de seis distincións aos escaparates mellor decorados, valorando cuestións como o conxunto, a capacidade de xeración do desexo de compra, a orixinalidade, o emprego de elementos á venda no propio negocio, ou o uso de materiais de refugallo.

Leer más:   O Concello traballa xunto ao sector comercial en novos sistemas de prevención antirroubo

- Te recomendamos -
Artículo anteriorConforama Iberia anuncia a Manuel Estévez como su nuevo CEO
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 8 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.