Inicio Últimas Noticias ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2024

ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2024

ECONOMÍA E FACENDA
ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2024

07/02/2024 O Pleno do Corporación aprobou o Orzamento xeral do Concello e o seu anexo de persoal para o exercicio 2024 en sesión extraordinaria o 7 de febreiro.

As liñas principais sobre as que foi confeccionado o Orzamento municipal de 2024 son as seguintes:- Servizos públicos de calidade.- Políticas sociais, culturais e de igualdade para a maioría.- Transformación urbana e mellor acceso á vivenda.- Sustentabilidade e territorio.- Esforzo investidor.- Mellor gobernanza e modelo de cidade.Este orzamento incide na recadación eficiente dos ingresos como nun maior control do gasto. O resultado deste proceso, con todo, foi o maior orzamento da historia do Concello de Santiago alcanzando un montante de 142.420.046,01 euros, sen ter en conta o resto de entes. O proxecto de orzamento acrecenta 9,70 por cento con respecto ao anterior de 2022.O orzamento consolidado co Auditorio de Galicia e coas empresas municipais TUSSA e INCOLSA ascende á contía de 145.773.180,24 euros en ingresos, e de 145.726.134,87 euros en gastos, cun superávit de 47.045,37 euros, que reflicte, por unha banda, o superávit da empresa municipal de turismo INCOLSA por unha contía de 7.221,19 euros e, pola outra, o superávit orzamentario da empresa municipal TUSSA por unha contía de 39.824,18 euros.

Leer más:   As Súas Maxestades de Oriente chegarán o día 5 á cidade seguindo a Estrela de Compostela

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorTsuyoshi Nishiwaki de ASICS China Trading destaca la innovación en deportes durante su paso por la Universidad Alfonso X el Sabio
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 7 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.