Inicio Últimas Noticias O CIM lanza unha nova edición do curso de autodefensa para mulleres...

O CIM lanza unha nova edición do curso de autodefensa para mulleres antes situacións violentas

IGUALDADE
O CIM lanza unha nova edición do curso de autodefensa para mulleres antes situacións violentas

05/02/2024 O curso desevolverase entre o 4 e o 18 de marzo no pavillón municipal do Restollal e será monitorado por especialistas da Federación Galega de Loita e membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Trátase dunha actividade organizada pola Concellaría de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Santiago a través dunha subvención da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

O prazo de rexistro estará aberto a partir deste mércores, 7 de febreiro e ata o día 21 deste mesmo mes. As inscricións levaranse a cabo por rigoroso orde de presentación da solicitude na sede electrónica do Concello de Santiago (trámite ‘Inscrición en actividades en materia de igualdade’). O total de plazas ofertadas é 20, máis 10 de reserva, e terán preferencia as mulleres que estean empadroadas neste concello.Para máis información, as mulleres interesadas poden dirixirse ao CIM no teléfono 981542465/660309731 ou no correo electrónico cim@santiagodecompostela.gal.

Leer más:   Fallece un bañista por un infarto en la playa de Bastiagueiro Pequeno

- Te recomendamos -
Artículo anteriorPróximas aperturas de plantas de hidrógeno verde por Enagás, Canal de Isabel II, Serveo y Redexis en un contexto de fuertes inversiones
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 5 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.