Inicio Últimas Noticias Aprobados os novos prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais...

Aprobados os novos prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais para o curso 2024-2025

EDUCACIÓN
Aprobados os novos prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais para o curso 2024-2025

05/02/2024 A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá o calendario de prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío para o vindeiro curso. Os impresos e a documentación para novas prazas deberán presentarse entre o 22 de marzo e o 19 de abril. Tamén se deu luz verde ao inicio de trámites para a recepción das obras de construción dunha pista multideporte e un parque infantil na zona verde do SUNP-25 Roxos-Quintáns, un proxecto realizado ao abeiro do POS+ 2022 da Deputación Provincial da Coruña.

O prazo de presentación de solicitudes para reserva de praza e traslado do alumnado actual estará aberto entre os días 1 e 18 de marzo, a través da sede electrónica do Concello (trámite “Solicitude de reserva de praza nas escolas infantís municipais”, modelo ED004) ou de xeito presencial, no Rexistro xeral do Concello de Santiago ou mediante calquera das formas previstas na Lei. A lista de reservas e traslados e o número de prazas vacantes por unidades, publicarase o vindeiro 21 de marzo na páxina web municipal e nos taboleiros de anuncios das escolas infantís municipais.Os impresos e a documentación de solicitude de novas prazas deben presentarse entre o 22 de marzo e o 19 de abril. Neste caso, as solicitudes poderán descargarse na sede electrónica do Concello de Santiago (modelo ED005 – trámite de ‘Solicitude de ingreso en escolas infantís municipais’). Tamén, poderase solicitar o formulario por correo electrónico a calquera das tres escolas infantís ou recollerse nas propias escolas infantís.Os impresos de solicitude e a documentación poden presentarse por rexistro, de forma telemática (trámite “Solicitude de ingreso en escolas infantís municipais”) ou de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) de 9:00 a 13:00 horas, sen cita previa, solicitando número ou quenda na máquina dispensadora de citas.As listas definitivas de admitidos/as, excluídos/as e da lista de agarda faranse públicas entre o 3 e o 10 de xuño. A continuación, o prazo de matrícula para todo o alumnado das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas, e Meixonfrío-Salgueiriños estará aberto desde o 11 ata o 18 de xuño. Na escola contarán con toda a información e asesoramento relativo ao seu funcionamento, poderán visitar as instalacións e recoller os impresos necesarios para a formalización da matrícula.Para consultas:- E.I.M DE CONXO: 981528702 – eimdeconxo@yahoo.com- E.I.M DAS FONTIÑAS: 981528703 – eimdasfontinas@yahoo.com- E.I.M DE MEIXONFRIO SALGUEIRIÑOS: 981528707 – eimdemeixonfrio@yahoo.comNovas instalacións para público infantil en RoxosO executivo municial tamén autorizou esta mañá o inicio de trámites para proceder á recepción das obras do proxecto de para a construción dunha pista multideporte e un parque infantil na zona verde do SUNP-25 Roxos-Quintáns, executadas ao abeiro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (plan único de concellos) POS+ 2022 da Deputación Provincial da Coruña.Esta actuación permite incrementar os servizos dirixidos a uns 500 nenos e nenas de menos de 10 anos das parroquias de Figueiras, Villestro e Laraño. Este novo equipameneo está situada na zona verde do polígono SUNP-25 Roxos-Quintáns situado entre a rúa da Barrosa e a rúa do Nabal, no lugar de Roxos. Tras esta intervenció, este espazo contará cunha pista deportiva multiúsos para a práctica do fútbol, baloncesto, balonmán, etc; e dun parque infantil, con randeeira, carrusel, xogo de resorte e elementos multixogos. Tamén contará cunha zona biosaudable para a terceira idade, con temón, volante, xiro-cintura, esquí de fondo, randeeira e surf; así como unha fonte bebedoiro e bancos. Este contrato foi adxudicado en maio de 2023 á empresa Alcomte Galicia, S.L. por un importe de 150.000 euros, IVE engadido.

Leer más:   Entregados os II Premios á Excelencia Empresarial

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorPróximas aperturas de plantas de hidrógeno verde por Enagás, Canal de Isabel II, Serveo y Redexis en un contexto de fuertes inversiones
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 5 de febrero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.