Inicio Últimas Noticias Santiago incrementa a separación de residuos orgánicos co depósito dunha tonelada diaria...

Santiago incrementa a separación de residuos orgánicos co depósito dunha tonelada diaria no colector marrón e a de envases crece un 12% en 2023

SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
Santiago incrementa a separación de residuos orgánicos co depósito dunha tonelada diaria no colector marrón e a de envases crece un 12% en 2023

31/01/2024 O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, destacou o incremento de recollida selectiva de envases lixeiros en 2023, cunha recollida media diaria de 6.448 kg que supón unha diferenza do 12% con respecto ao ano anterior, e tamén do depósito de materia orgánica ao alcanzar unha tonelada diaria no colector marrón.

“É necesario seguir con este labor de sensibilización de recollida selectiva de residuos, para facilitar a súa xestión e reducir a contaminación”, explicou o concelleiro. Así, animou a veciñanza a participar nos labores de separación de envases e material orgánico para contribuír a reducir a materia que chega mesturada.Xesús Domínguez destacou o programa “Ti tes a chave”, con máis de 4.000 chaves entregadas para depositar a materia orgánica no quinto colector para o seu tratamento posterior en compostaxe “e cómpre seguir a sensibilizar a poboación para utilizalo”. Xunto a iso, hai máis de 1.000 composteiros individuais, onde se trataron 400 toneladas anuais de residuos orgánicos, e continúase coa instalación do quinto colector no centro urbano. “Aínda que estes datos son positivos, existe unha marxe de mellora onde a colaboración cidadá é fundamental para a separación de residuos”, indicou.Para ter unha cidade máis limpa, incidiu na necesidade de depositar os residuos a partir das 20 horas para evitar a acumulación durante o día ao pé dos colectores, así como de pregar os envases para reducir o espazo que ocupan.En 2023 recolléronse en Santiago de Compostela 35.762.920 kg nos colectores de resto; 2.353.360 kg de envases lixeiros; 349.040 kg de materia orgánica (FORSU), cun notable incremento no segundo semestre do ano; e 3.240 kg de pilas. Con respecto a 2022, supón unha diferenza de 37.407.00 kg de resto (-4,5% de media diaria en 2023), de envases lixeiros 2.097.790 kg (+12,19% de media diaria en 2023), 35.600 kg de orgánico (+146%,39% de media diaria en 2023) e 3.000 pilas (+8% de media diaria e 2023).

Leer más:   Avanzan as obras de acondicionamento dos viais dos núcleos de Laraño

- Te recomendamos -
Artículo anteriorUAX presenta los 10 clásicos más destacados de la historia de la música para conmemorar el día escolar de la no violencia y la paz
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 31 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.