Inicio Últimas Noticias Do 31 de xaneiro ao 9 de febreiro estará aberto o prazo...

Do 31 de xaneiro ao 9 de febreiro estará aberto o prazo de inscrición no programa de conciliación de VacaLudos Semana Santa do Espazo María Miramontes

EDUCACIÓN
Do 31 de xaneiro ao 9 de febreiro estará aberto o prazo de inscrición no programa de conciliación de VacaLudos Semana Santa do Espazo María Miramontes

30/01/2024 A partir de mañá e ata o 9 de febreiro (ambos os dous inclusive) estará aberto o prazo de solicitude de praza para participar nas actividades do programa de conciliación VacaLudos de Semana Santa, que se desenvolverá no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca das Fontiñas) os días 25, 26 27 de marzo e 1 de abril de 2024.

O programa VacaLudos Entroido ofrece un total de 73 prazas, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos empadroados/as ou que estean matriculados/as nun centro de ensino no municipio de Santiago.As actividades, que son de balde, desenvolveranse os días 25, 26 27 de marzo e 1 de abril en horario de 07:45 a 15:00 horas, e a solicitude de matrícula realizarase segundo as indicacións recollidas no documento ao pé desta información.O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca das Fontiñas) está situado na Rúa Fontes do Sar, número 3, en Santiago de Compostela. Conta cunha superficie total construída de 1.080,50m2 e unha superficie útil de 730,63 m2, dividida en dúas plantas.Ten unha finalidade lúdica, socioeducativa, cívica, cultural e inclusiva, cun proxecto cuxo obxectivo principal é garantir o dereito dos nenos e nenas ao xogo e a colaborar, así, no desenvolvemento integral da persoa, polo que está equipado cun fondo organizado de xogos, xoguetes, libros e outros elementos lúdicos adecuados á súa idade. Inclúen espazos psicomotrices, áreas de xogo simbólicas e tamén xogos multimedia.

Leer más:   Comezan as obras de conservación e mellora de eficiencia enerxética da fachada leste do Pazo de Raxoi

- Te recomendamos -
Artículo anteriorFondos de LALIGA Impulso catalizan renovaciones en estadios de LALIGA
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 30 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.