Inicio Últimas Noticias Máis de 50.000 persoas visitaron as exposicións organizadas polo Consorcio de Santiago...

Máis de 50.000 persoas visitaron as exposicións organizadas polo Consorcio de Santiago no 2023

CONSORCIO
Máis de 50.000 persoas visitaron as exposicións organizadas polo Consorcio de Santiago no 2023

26/01/2024 Literatura, motor, fotografía e arquitectura atraeron un total de 50.746 visitantes á Casa do Cabido compostelá, que acolleu cinco exposicións ao longo do 2023, obtendo os mellores datos de asistencia desde que foi restaurada polo Consorcio de Santiago no 2011.

O Consorcio de Santiago continuou un ano máis apostando por pioneiras e interesantes exposicións na Casa do Cabido de Praterías, acollendo mostras de diferentes temáticas vinculadas coa cultura galega. A fotografía de Fuco Reyes, a relación do granadino Federico García Lorca con Compostela e con Galicia ou un repaso ás construccións arquitectónicas na cidade que non puideron facerse realidade; ademais de dúas exposicións conmemorativas, a do 70 aniversario do Moto Club Compostela e os 90 anos de traxectoria de Radio Galicia.Moto Club CompostelaA Casa do Cabido iniciaba xaneiro cunha exposición conmemorativa do 70 aniversario do Moto Club Compostela, que xa tivera gran éxito en novembro e decembro do 2022. Fotografías, carteis, vestimenta e motocicletas foron algúns dos obxectos que trasladaron aos visitantes a un percorrido polos máis de 50 anos de historia deste club compostelán.Historias de Radio Galicia. 90 anos contigoSeguindo cos aniversarios, a Casa do Cabido acolleu unha mostra na que se debullan os 90 anos de historia da radio na cidade, desde o seu nacemento ata a actualidade. A exposición achegou un percorrido sonoro polas voces máis recoñecidas da Radio Galica, amais dunha mostra fotográfica e reliquias radiofónicas coma unha gravadora de fío dos anos 40 ou os tres Premios Ondas acadados por esta radio.Mirar a cidade. Unha visión poliédricaEn xullo, a Casa do Cabido acolleu unha mostra fotográfica e arquitectónica na que os visitantes puideron mergullarse na curiosa mirada da cámara do fotógrafo Fuco Reyes. Un total de 50 instantáneas achegaron aos visitantes a mirada persoal que o artista ten de Compostela, que anima tamén ao espectador a mirar e pensar a cidade dunha forma diferente.Lorca en CompostelaA literatura tamén tivo un oco nas exposición realizadas neste museo compostelán da praza de Praterías. Neste caso, unha excepecional e pioneira mostra adicada a Federico García Lorca e á súa relación con Santiago, a lingua e a cultura galega. “Lorca en Compostela” acolleu máis de 80 pezas, entre as que destacaron manuscritos orixinais do autor ou debuxos que realizou no Hotel Compostela en 1932. Lorca atraeu a máis de 26.000 visitantes ás salas.Santiago proxectado, arquitecturas non construídasInaugurada o 14 de novembro do 2023, esta exposición afronta as súas últimas semanas aberta ao público, tras recibir nas súas primerias semanas máis de 6.000 visitas. Nela os visitantes poderán facer un percorrido cronolóxico nas imaxes, planos e proxeccións dun total de 14 proxectos arquitectónicos e urbanísticos que non chegaron a construírse na cidade compostelá. Os proxectos de arquitectos coma Rafael Moneo, Álvaro Siza, Norman Foster, Antonio Palacios ou Alejandro de la Sota poden visitarse de balde de 10 a 14 e de 16 a 20 de martes a sábado e os domingos de 11 a 14.

Leer más:   Compostela festexará o San Xoán con 24 cacharelas públicas e 567 privadas

- Te recomendamos -
Artículo anteriorOsasuna y Moss se asocian para impulsar la sostenibilidad en el mundo del fútbol
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 26 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.