Inicio Últimas Noticias Volve o desfile-concurso de Entroido con premios para os mellores disfraces

Volve o desfile-concurso de Entroido con premios para os mellores disfraces

FESTAS
Volve o desfile-concurso de Entroido con premios para os mellores disfraces

25/01/2024 O Concello premiará as mellores carrozas, comparsas, grupos, parellas e disfraces individuais, así como a mellor comparsa procedente das parroquias e barrios de Compostela que participen no desfile de Entroido do vindeiro 13 de febreiro. O prazo de inscrición ao concurso abrirase nos vindeiros días.

Unha vez aberto o prazo, tras a publicación das bases no BOP, as persoas interesadas deberán presentar a súa inscrición ata o 5 de febreiro a través da sede electrónica do Concello de Santiago ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.Para as carrozas haberá tres premios de 2.500, 1.500 e 1.000 euros. No caso das comparsas, que estarán compostas por un mínimo de 15 persoas, entregaranse premios de 2.000, 1.500 e 1.000 euros. Na categoría de grupos, formados por entre 3 e 14 persoas, hai tamén tres premios, de 700, 400 e 200 euros.Ademais, entregarase un premio de 300 euros á mellor parella; e tres premios aos mellores disfraces individuais, de 300, 200 e 100 euros. Por último, recoñeceranse as mellores comparsas procedentes das parroquias e barrios de Santiago, con tres premios de 1.200, 600 e 400 euros.O desfile terá lugar o martes 13 de febreiro con saída ás 17.30 h da avenida de Ferrol e percorrerá as rúas Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra para rematar na avenida de Xoan Carlos I. A entrega de premios terá lugar na Sala Capitol, na rúa Concepción Arenal.

Leer más:   Turismo de Santiago aposta pola recuperación do mercado xaponés neste 2023

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAstraZeneca Global Hub en Barcelona nombra a Rick R. Suárez como su nuevo presidente
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 25 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.