Inicio Últimas Noticias O Espazo de lecer María Miramontes celebra o Entroido

O Espazo de lecer María Miramontes celebra o Entroido

EDUCACIÓN
O Espazo de lecer María Miramontes celebra o Entroido

25/01/2024 Un ano máis o Entroido forma parte da programación do Espazo de Lecer María Miramontes que lanza varios obradoiros temáticos e un desfile de disfraces para a cativada e as súas familias que percorrerá o barrio das Fontiñas o vindeiro sábado 10 de febreiro. O centro tamén inclúe no seu programa dos vindeiros meses os Sábados Abertos Temáticos dirixidos a un público familiar.

Este ano a temática do Entroido xira en torno aos elementos: terra, auga, lume e aire, que servirá como fío conductor para a caracterización e elaboración dos complementos na que a cativada traballará nos obradoiros coa axuda do persoal do Espazo Miramontes.Os obradoiros temáticos terán lugar os días 27 de xaneiro ás 11:30 horas en quenda de mañá e ás 17:30 horas en quenda de tarde, e o 3 de febreiro ás 11:30 horas. Cómpre inscribrirse previamente na web do Espazo Miramontes.O desfile de Entroido previsto para o sábado 10 de febreiro ás 17:30 horas, iniciarase no Centro Don Bosco, pasando polo CSC das Fontiñas e o parque exterior de Área Central. O percorrido rematará en Área Central cunha festa.Será un desfile colectivo no que participarán diferentes entidades do barrio de San Pedro e das Fontiñas: o CSC das Fontiñas, Área Central, Construíndo o Barrio, Movemento pola Paz, o Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes e p Centro Don Bosco. Cada entidade organizará os seus propios obradoiros cos seus usuarios/as.Sábados temátiosAdemais, o Espazo María Miramontes ofrece a proposta ‘Sábados Abertos Temáticos’ que se desenvolverán ao longo das seguintes semanas. Trátase de xornadas de lecer en familia nas que o centro propón actividades, obradoiros e festas tematizadas en función da época do ano ou das conmemoracións que se celebres. Estea iniciativa ten por obxectivo achegar o lecer educativo ás familas do concello dun xeito divertido e lúdico.As actividades están dirixidas a nenos e nenas de entre 2 e 12 anos, empadroados ou que estean matriculados nun centro de ensino no municipio de Santiago, acompañados das súas familias.Os próximos ‘Sábados Aberto Temáticos’ serán:- 3 de febreiro: evento gastrocultural con exposición e degustación de comidas típicas da nosa infancia aportadas polas familias.- 10 de febreiro: desfile de Entroido polo barrio das Fontiñas e festa final.- 24 de febreiro: ludocinema en familia con proxección.- 2 de marzo: ‘Ludochef’, un concurso de cociña en familia.- 16 de marzo: ‘Furor Furor’, unha actividade para a toda a familia para cantar e bailar.

Leer más:  
Cancelas e rótulos de Santiago 'gravados' sobre o papel

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAstraZeneca Global Hub en Barcelona nombra a Rick R. Suárez como su nuevo presidente
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 25 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.