Inicio Últimas Noticias As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade impulsan unha campaña de promoción internacional...

As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade impulsan unha campaña de promoción internacional en Estados Unidos, Canadá, Asia e países europeos

CIDADES PATRIMONIO
As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade impulsan unha campaña de promoción internacional en Estados Unidos, Canadá, Asia e países europeos

25/01/2024 Hoxe celebrouse a primeira Asemblea do ano, presidida polo alcalde de San Cristóbal de la Laguna, acompañado da alcaldesa de Santiago e vicepresidenta do Grupo, Goretti Sanmartín, na que se aprobou o Plan Operativo de Turismo e o orzamento do GCPHE para 2024, que inclúe a promoción nos principais mercados emisores internacionais. Entre as novidades para este ano, destaca un espectáculo de drons nas 15 cidades para celebrar o XXX aniversario do Grupo e un concerto extraordinario o día 8 de marzo na Santa Igrexa Catedral de La Laguna.

O presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luís Yeray Gutiérrez, presentou hoxe o Plan de Acción 2024, para a promoción das 15 cidades españolas co selo Unesco nos principais mercados internacionais de Europa, Estados Unidos e Canadá. A presentación deste Plan tivo lugar en FITUR, onde a alcaldesa de Santiago e vicepresidenta do Grupo, Goretti Sanmartín, xunto ao resto de rexedores e rexedoras das cidades membro celebraron a primeira Asemblea xeral do ano, na que se probou o orzamento de 2024 e o Plan Operativo de Turismo.Luís Yeray Gutiérrez sinalou que “o Plan de Acción para 2024 vai situar a marca Cidades Patrimonio de España en Europa, América e Asia, con presenza nas feiras máis importantes do mundo como as de Bruxelas, ITB-Berlín, ILTM (International Luxury Travel Market) de Singapur e Asia Pacífico, JATA-Xapón, así como na World Travel Market de Londres, nun ano moi especial no que a nosa entidade celebra o 30 aniversario da súa creación”.Segundo sinalou o presidente, “tamén previmos a participación en xornadas técnicas en Xapón, Estados Unidos, China e presentacións técnicas e institucionais en Chicago e Toronto, ademais dos Emiratos Árabes. No caso de Centroeuropa, tamén realizaremos presentacións en Suíza e Irlanda”.Tamén lembrou que “este ano vai supor unha gran proxección para as Cidades Patrimonio como representantes da marca España, con accións de promoción dos 15 destinos con Turespaña a través das Oficinas de Turismo en todo o mundo”.A presentación do plan de acción contou coa presenza da vicepresidenta e alcaldesa de Santiago (Goretti Sanmartín); o vicepresidente segundo e alcalde de Segovia (José Mazarías), xunto aos alcaldes de Tarragona (Rubén Viñuales) e Salamanca (Carlos G. Carbayo), que forman parte da Comisión Executiva. Na Asemblea tamén participaron os alcaldes e alcaldesas de Alcalá de Henares (Judith Piquet); Ávila (Jesús Manuel Sánchez Cabrera), Baeza (Pedro Javier Cabrera), Cáceres (Rafael Mateos), Córdoba (José María Bellido), Cuenca (Darío Dolz), Ibiza /Eivissa (Rafael Triguero), Toledo (Carlos Velázquez) e Úbeda (Antonia Olivares).A Asemblea aprobou a axenda dos principais eventos culturais e deportivos de 2024, así como o impulso a un calendario de actos con motivo da celebración do XXX aniversario do Grupo. A Súa Maxestade a Raíña dona Sofía presidirá o concerto extraordinario do Grupo o día 8 de marzo na Santa Igrexa Catedral de La Laguna.Dentro do programa de eventos do XXX aniversario do Grupo inclúense espectáculos con máis de 200 drons adaptados a cada unha das 15 cidades; a creación do primeiro torneo de rugby nas Cidades Patrimonio e a creación dun programa de espectáculos en espazos singulares á luz das candeas, que contará con capacidade reducida, artistas locais e figuras destacadas do ámbito cultural.Dentro da axenda institucional do Grupo, tamén destaca que as cidades de Úbeda e Baeza acollerán a próxima Asemblea, os días 24 e 25 de febreiro.Esta tarde, o Grupo presenta o Plan Operativo de Turismo na caseta de Turespaña en FITUR, nun acto ao que asistirá a secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo, ás 16 horas. O Grupo celebra tamén mañá venres en FITUR a primeira reunión da súa Comisión de Turismo e a presentación do Plan Operativo con Paradores.Ademais, o alcalde de la Laguna e presidente do Grupo de Cidades Patrimonio, Luís Yeray Gutiérrez, recollerá o premio ao Mellor destino Turístico de España 2024, no marco de FITUR.O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España ten como obxectivo actuar de maneira conxunta na conservación, a posta en valor e a promoción turística das 15 cidades españolas recoñecidas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.

Leer más:   O alcalde recibiu a Paul Daniel, que dirixirá hoxe a Real Filharmonía no tradicional concerto de Reis

- Te recomendamos -
Artículo anteriorAstraZeneca Global Hub en Barcelona nombra a Rick R. Suárez como su nuevo presidente
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 25 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.