Inicio Últimas Noticias A alcaldesa reúnese co presidente de Adif para coñecer o anteproxecto do...

A alcaldesa reúnese co presidente de Adif para coñecer o anteproxecto do aparcadoiro da Intermodal

ALCALDÍA
A alcaldesa reúnese co presidente de Adif para coñecer o anteproxecto do aparcadoiro da Intermodal

25/01/2024 A alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada pola portavoz do Goberno municipal, Míriam Louzao, mantivo unha xuntanza co presidente de ADIF, Ángel Contreras, e co director xeral, Juan Pablo Villanueva, para coñecer de primeira man o anteproxecto do aparcadoiro da Intermodal de Santiago de Compostela.

Durante a reunión, os responsables de Adif explicaron que este equipamento será construído en superficie e en varias alturas e que estará situado na parte posterior do edificio da estación orixinal -na zona que ocupa o aparcadoiro actual-. A previsión é que o novo equipamento estea en construción no exercicio 2025 e que no conxunto do recinto da Intermodal se superen as 900 prazas de aparcadoiro dispoñibles para diferentes tipos de vehículos e servizos -vehículos particulares, motos, taxis, mobilidade reducida-.Tras a xuntanza, Goretti Sanmartín valorou moi positivamente o compromiso de Adif para a construción deste novo aparcadoiro, xa que contará cunha capacidade significativa e dará resposta a unha das demandas que o goberno municipal viña reclamando nos últimos meses. Pola súa banda, a alcaldesa trasladoulle ao presidente de Adif a máxima colaboración por parte do Concello de Santiago na tramitación administrativa necesaria para levar a cabo este proxecto.O encontro, que tivo lugar nas dependencias de Adif en Madrid, formou parte da axenda complementaria da rexedora compostelá en Fitur para tratar temas de interese para a cidade. Ademais do anteproxecto do aparcadoiro, que foi o asunto principal, tamén se falou dos pasos necesarios para que a Intermodal leve oficialmente o nome de Daniel Castelao, tal que como acordou por unanimidade en sesión plenaria.

Leer más:   O Concello de Santiago distinguirá sete persoeiros vinculados coa cidade

- Te recomendamos -
Artículo anteriorAstraZeneca Global Hub en Barcelona nombra a Rick R. Suárez como su nuevo presidente
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 25 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.