Inicio Últimas Noticias A ORA na contorna do CHUS non obrigará á rotación e non...

A ORA na contorna do CHUS non obrigará á rotación e non afectará ás prazas de residentes

MOBILIDADE
A ORA na contorna do CHUS non obrigará á rotación e non afectará ás prazas de residentes

24/01/2024 Ante as dúbidas relativas á próxima implantación da zona ORA na contorna do Hospital Clínico, o Concello de Santiago fai unha serie de aclaracións sobre este asunto.

O Concello de Santiago fai as seguintes aclaracións:A zona ORA afectarálle ás seguintes rúas:- Avenida de Barcelona:110 prazas- Rúa de Antonio Rama: 32 prazas- Rúa de Manuel Caeiro: 16 prazas- Avenida de Bilbao: 43 prazas- Rúa Sempre en Galiza: 40 prazas- Rúa de Valentín Varela Iglesias: 22 prazasPolo tanto, a zona ORA non lle afectará ás prazas de residentes da zona 9 de Santa Marta, nin ás 90 prazas para residentes en horario nocturno nin ás 40 prazas do réxime xeral de residentes.A zona ORA que se prevé na contorna do Hospital Clínico funcionaría baixo o réxime xeral pero sen obriga de rotación, de maneira que calquera persoa pode renovar o tíquet cada dúas horas sen obriga de mover o vehículo, ao contrario do que acontece nas outras rúas nas que está implantado o sistema ORA.O obxectivo da implantación da zona ORA na contorna do CHUS é evitar a presenza dos denominados “vehículos ventosa”, que son aqueles que permanecen estacionados na mesma praza durante longos periodos de tempo, habitualmente durante a semana laboral.Os datos de ocupación das prazas de residentes revelan que na Zona 9 de Santa Marta a maior demanda é en horario nocturno, cando a ocupación da zona verde acada o 93 %. En horario diurno, desde as 9:00 ata as 21:00 horas; permanecen desocupadas entre o 21 e o 23 % das prazas de residentes. En todo caso, o departamento de Tráfico non descarta estudar a ampliación das prazas de residentes, fundamentalmente en horario nocturno, se se considera necesario.

Leer más:   A Xunta de Goberno Local dá luz verde á licitación do programa "Colabora e innova no teu barrio"

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl 24 de enero el Parlamento Europeo presenta “La última vez que fuimos niños” de Claudio Bisio
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 24 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.