Inicio Últimas Noticias O Concello de Santiago anuncia as propostas de nomeamento de persoal funcionario...

O Concello de Santiago anuncia as propostas de nomeamento de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo dentro do proceso extraordinario de estabilización

PERSOAL
O Concello de Santiago anuncia as propostas de nomeamento de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo dentro do proceso extraordinario de estabilización

22/01/2024 As propostas de nomeamento iranse publicando na sede electrónica e no taboleiro de edictos do Concello, segundo indican as bases específicas das convocatorias. As persoas propostas dispoñen dun prazo de vinte días para a presentación da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos desde a publicación de dos acordos.

O proceso extraordinario de estabilización para a cobertura de 92 prazas polo sistema de quenda libre, foi iniciado polo Concello de Santiago coa publicación das bases das convocatorias no BOP do 27 de decembro de 2022. Estas convocatorias prevén, mediante o sistema de concurso-oposición, a cobertura de 14 prazas de persoal funcionario de carreira das escalas de Administración xeral e de Administración especial e de 5 prazas de persoal laboral fixo. Polo sistema de concurso, ofertáronse 49 prazas de persoal funcionario de carreira das escalas de Administración xeral e de Administración especial e de 24 prazas de persoal laboral fixo.Unha vez rematado o proceso de avaliación das candidaturas presentadas, o Concello comezou o pasado 18 de xaneiro o proceso de publicación dos acordos nos que se propón o nomeamento de persoal funcionario e laboral fixo no marco, en función das puntuacións acadadas polas persoas aspirantes.Para dar difusión a esta fase e facilitar e unificar a presentación de documentación requirida previa aos nomeamentos, as propostas de nomeamento iranse publicando no taboleiro de anuncios da sede electrónica e no taboleiro de edictos do Concello, de conformidade co establecido nas bases específicas das convocatorias. A documentación relacionada co proceso tamén está dispoñible no portal CONVOCA do Concello de Santiago.As persoas propostas dispoñen dun prazo de vinte (20) días para a presentación da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos, o cal comeza a computar coa data de publicación do acordo. A documentación solicitada deberá ser presentada por sede electrónica, a través do trámite ‘Presentación de documentación e alegacións’, para o cal se acudirá á Oficina de asistencia en materia de rexistro do Concello, para o seu cotexo, se fose o caso.

Leer más:   O Concello manterá a bonificación complementaria no transporte urbano e mellorará o sistema de información na estación de autobuses

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 20 de enero de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 22 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.