Inicio Últimas Noticias A Xunta de Goberno acorda solicitar á Deputación da Coruña case 125.000...

A Xunta de Goberno acorda solicitar á Deputación da Coruña case 125.000 euros do POS+ 24 para o financiamento de gastos sociais

XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno acorda solicitar á Deputación da Coruña case 125.000 euros do POS+ 24 para o financiamento de gastos sociais

22/01/2024 A Xunta de Goberno aprobou hoxe solicitude dunha subvención á Deputación da Coruña de case 125.000 euros para o financiamento de diversos gastos sociais, no marco do Plan de Cooperación ás Obras de Servizos, POS+ 2024. Segundo a proposta da concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, a maior parte da achega, 100.000 euros, sería para o Servizo Municipal de Atención ás Emerxencias Sociais.

Tal e como se recolle na proposta da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, a subvención solicitada á Deputación Provincial da Coruña ascende a 124.804,34 euros. Desa cantidade, 100.000 euros serían para o mantemento do Servizo Municipal de atención ás Emerxencias Sociais, que se presta a través dun convenio coa Cruz Vermella. O SEMUS garante unha resposta inmediata ás persoas en situación de vulnerabilidade e desprotección que sofren situacións de emerxencia en momentos nos que non están operativos os servizos sociais municipais, como as noites ou as fins de semana. Tamén atende ás persoas sen fogar, facendo un seguimento da súa situación e realizando intervencións que contribúan á súa normalización, facilitándolles aloxamento ou os recursos de subsistencia que precisan.Ademais, a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais reservaría 23.876,5 euros da subvención solicitada á Deputación da Coruña para a contratación dunha persoa para o servizo de terapia ocupacional, dentro do Servizo de Axuda a Domicilio. Os 927,84 euros restantes da subvención do POS+24 serían para a ampliación das partidas municipais existentes para as axudas de emerxencia ás persoas soas ou familias en risco de exclusión social.

Leer más:   O Concello habilitará espazos "Bico e Vai" na contorna do Pío XII con máis de 30 prazas para paradas de curta duración

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 20 de enero de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 22 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.