Inicio Últimas Noticias O Concello inviste 40.000 euros en melloras no Refuxio de Bando

O Concello inviste 40.000 euros en melloras no Refuxio de Bando

DEREITOS DOS ANIMAIS
O Concello inviste 40.000 euros en melloras no Refuxio de Bando

18/01/2024 O Goberno municipal porá o foco na sensibilización cidadá para a prevención de abandonos de animais, tras o elevado incremento de entradas de cans e gatos o pasado ano, ademais de realizar obras para a mellora das instalacións.

O Concello de Santiago destina unha partida de 40.000 euros para a mellora das instalacións, que na actualidade acollen un total de 270 cans e 270 gatos, dos que 82 se atopan en casas de acollida temporal. O Refuxio de Bando, que ten a singularidade de ser o único da contorna que atende gatos e gatas, recibiu o pasado mes de xuño 169 animais, a cifra máis elevada da súa historia.En concreto, a intervención que se está a realizar consiste na construción de tres novos parques de recreo para cans e dous novos patios para os gatos; o arranxo de portas; a habilitación de catro canís para animais maiores, enfermos e cachorros así como diversas reparacións de mantemento.O concelleiro de Dereitos dos Animais, Xesús Domínguez, fixo un chamamento á implicación de todas as administracións que integran o Refuxio de Bando, “tanto na achega de recursos humanos como económicos, para facer sustentable a xestión destas instalacións e do servizo que prestan para o coidado dos animais”.Xesús Domínguez sinalou que tanto a dirección do Refuxio como o propio Concello están facendo xestións para procurar a colaboración con outras entidades e empresas do sector, como farmacias e clínicas veterinarias, para buscar sinerxías e facilitar a súa contribución a mellorar a situación actual.”Insistimos na necesidade de concienciar a veciñanza para evitar o abandono de animais e tamén en dar a coñecer que as persoas que queiran adoptar un can ou un gato poden acudir ao Refuxio de Animais de Bando ou pórse en contacto a través da información que figura na súa páxina web, onde están as fichas con fotos e características dos animais para a súa adopción”, engadiu o concelleiro.

Leer más:   O Concello paraliza as obras que provocaron a caída do muro medianeiro nun edificio da rúa do Coto

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa FP Dual impulsa un aumento en las oportunidades laborales
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 18 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.