Inicio Últimas Noticias Abre provisionalmente ao tráfico o Campiño da Ferradura mentres dure o corte...

Abre provisionalmente ao tráfico o Campiño da Ferradura mentres dure o corte da Avenida da Coruña

MOBILIDADE
Abre provisionalmente ao tráfico o Campiño da Ferradura mentres dure o corte da Avenida da Coruña

18/01/2024 Esta mañá quedou aberto ao tráfico o Campiño da Ferradura de maneira provisional, mentres se manteña o corte da Avenida da Coruña por mor das obras de reurbanización do Campus Sur. O obxectivo é facilitar unha saída a maiores para os vehículos que circulan pola avenida das Burgas.

Coa apertura do Campiño da Ferradura os vehículos que circulan pola Avenida das Burgas poderán sair pola rúa do Campo do Cruceiro do Gaio, opción preferible se se dirixen cara Galeras; ou por Campiño da Ferradura para incorporarse á rúa do Pombal, opción preferible para os vehículos que se dirixen ao centro da cidade.A Avenida da Coruña, no tramo comprendido entre a avenida das Ciencias e a avenida Antonio Raimundo Ibáñez, e a avenida de Compostela, no tramo comprendido entre as avenidas de Antonio Raimundo Ibáñez e a avenida das Burgas, quedaron pechadas ao tráfico o pasado luns por mor das obras de reurbanización do Campus Sur.O tráfico procedente da rúa de Rosalía de Castro é desviado pola avenida das Ciencias, e o procedente da avenida das Burgas continúa polo tramo aberto da avenida de Compostela e Cruceiro do Gaio, e agora tamén polo Campiño da Ferradura.

Leer más:   O Centro de Atención Integral a Persoas sen Fogar contará con 12 habitacións e espazos comúns, seguindo o modelo Housing First

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa FP Dual impulsa un aumento en las oportunidades laborales
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 18 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.