Inicio Últimas Noticias O Aeroporto de Santiago supera por vez primeira os tres millóns e...

O Aeroporto de Santiago supera por vez primeira os tres millóns e medio de pasaxeiros e pasaxeiras

TURISMO
O Aeroporto de Santiago supera por vez primeira os tres millóns e medio de pasaxeiros e pasaxeiras

17/01/2024 O Rosalía de Castro aumentou o tráfico en 300.000 persoas respecto do 2022, cun crecemento do 9,2%.

O Aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro conseguiu marcar un novo máximo histórico no 2023, chegando aos 3.537.445 pasaxeiros e pasaxeiras. Este dato supón un crecemento do 9,2% respecto do ano 2022 e consolida a reactivación plena da infraestrutura tras a pandemia da Covid-19 e o seu posicionamento como o aeroporto galego de referencia.O crecemento do aeroporto apoiuse tanto no incremento do tráfico nas rutas domésticas como nas internacionais. O tráfico nas rutas domésticas subiu un 8,7% ata os 2.681.768 pasaxeiros e pasaxeiras. E o tráfico internacional continuou coa súa forte tendencia crecente, cun aumento do 10,9%, para chegar ata os 842.759.O incremento de tráfico do 9,2% no 2023 produciuse a pesar de que o crecemento no número de operacións foi inferior, situándose no 1,7%. Este feito indica que, en xeral, aumentou o nivel de ocupación das diferentes rutas que operan no Aeroporto de Santiago, un paso necesario para que as compañías consoliden a súa aposta pola infraestrutura.Ademais, con estes datos, o Rosalía de Castro consolídase como o aeroporto con mellor comportamento dende a pandemia do coronavirus de entre as principais terminais da rede de AENA. O aeroporto de Santiago é o que acumula o maior incremento de tráfico dende o 2019 de todos os que teñen máis de 3.000.000 de pasaxeiros e pasaxeiras. En concreto, dende o 2019 gañou un 21,8% de tráfico, un crecemento moi superior á media de AENA, que foi do 2,9%.Os datos do aeroporto son consistentes cos datos da demanda turística na cidade xeral na cidade. Así, a falta de que o INE publique os datos correspondentes ao mes de decembro, pode estimarse que o número de pernoctacións marcará un novo máximo histórico rondando por primeira vez o 1.600.000.Dende Turismo de Santiago considérase que estes datos avalan as políticas de promoción da cidade que se están a facer dende a entidade municipal, apostando por diversificar a demanda internacional e focalizando a promoción na condición de Patrimonio da Humanidade e destino gastronómico, cultural e universitario, entre outros atractivos, que vai moito máis alá do fenómeno Xacobeo.

Leer más:   Locura por el roscón en A Coruña: colas de horas para comprar el dulce de Reyes

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLos habitantes de Madrid escogen a la Fundación Jiménez Díaz como el hospital número uno
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 17 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.