Inicio Últimas Noticias O Consorcio de Santiago lanza unha nova convocatoria do programa ‘Ter é...

O Consorcio de Santiago lanza unha nova convocatoria do programa ‘Ter é manter’ cun orzamento de 800.000 euros para a rehabilitación e mantemento de inmobles da cidade histórica

CONSORCIO
O Consorcio de Santiago lanza unha nova convocatoria do programa ‘Ter é manter’ cun orzamento de 800.000 euros para a rehabilitación e mantemento de inmobles da cidade histórica

16/01/2024 O Consorcio de Santiago ven de lanzar una nova convocatoria do programa de ‘Ter é manter’ de axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas e ao mantemento da envolvente exterior das vivendas da Cidade Histórica compostelá, que nesta edición contará cun orzamento de 800.000 euros. As axudas para os inmobles poderán solicitarse ata o vindeiro 12 de febreiro.

Desde a posta en marcha deste programa de axudas no ano 2006, o Consorcio puxo a disposición dos veciños máis de 3.240.000 euros para estas accións de mellora dos inmobles da cidade histórica. Durante o 2023 concedéronse subvencións a un total de 79 inmobles, tanto para a súa rehabilitación como mantemento.Estas subvencións abranguen a restauración ou reposición dos elementos especiais de madeira de interese arquitectónico (galerías, ventás e portas de entradas aos edificios), a restauración de reixas , así como as obras complementarias necesarias como a reparación de pedras de soporte deterioradas, por exemplo, xambas ou repisas.Esta convocatoria tamén cubre o mantemento de elementos da envolvente exterior, tales como fachadas exteriores ou patios interiores e cubertas, ademais de obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio relacionadas coa envolvente exterior, obras de mellora do illamento acústico dos inmobles e as actuacións de consolidación, reposición e mellora das estruturas tradicionais de madeira.As solicitudes poderán realizarse ata o próximo 12 de febreiro a través da sede electrónica do Consorcio de Santiago ( https://www.consorciodesantiago.gob.es/carpetaciudadana/tramite.aspx?idtramite=24008 ), así como de maneira presencial no rexistro do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59).Ter é manter’O programa ‘Ter é manter’ beneficia a propietarios, arrendatarios e titulares dalgún dereito de uso sobre o inmoble, así como a comunidades de propietarios.Para poder acceder a estas axudas é requisito estar dentro do ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica; que o inmoble a manter teña unha antigüidade superior aos dez anos e cumpra coas condicións suficientes de seguridade estrutural e estanqueidade fronte á choiva.

Leer más:   Os Reis Magos repartiron ilusión na Cabalgata ‘A Estrela de Nadal’

- Te recomendamos -
Artículo anteriorMaría Curtichs y Melissa Ganzi, protagonistas en el torneo de polo sobre nieve de Kitzbühel
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 16 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.