Inicio Últimas Noticias O Concello solicitará o inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada...

O Concello solicitará o inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada do Plan Especial do SU-4 Amio-Meixonfrío

XUNTA DE GOBERNO
O Concello solicitará o inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada do Plan Especial do SU-4 Amio-Meixonfrío

15/01/2024 A Xunta de Goberno acordou esta mañá remitir á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia a solicitude de inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) do sistema xeral de servizos urbanos SU-4. Trátase dun ámbito formado por tres parcelas de titularidade municipal inseridas na área empresarial e industrial que aglutina os polígonos do Tambre, de Costa Vella e da Sionlla.

Este Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) ten por obxecto completar a ordenación do ámbito SU-4, prevista polo PXOM vixente en Santiago de Compostela, establecendo as determinacións da súa ordenación detallada. O PEID desenvolve as previsións recollidas no artigo 136 do planeamento xeral segundo o que “os sistema xerais SU-4 (Feiral de Meixonfrío) e SU-3 (Mercagalicia), terán o uso propio de servicios urbanos na súa categoría de mercados e abastecemento, admitindo os complementarios de administrativo, sanitario-asistencial, docente, garaxe-aparcamento, así como os de instalacións comerciais e de distribución vinculados ao uso global de servicios urbanos”.O Plan especial vai establecer as medidas necesarias para producir unha axeitada integración dos usos xa implantados cos previstos para o resto da parcela, resolver os problemas que poida xerar a implantación de novos usos no ámbito e garantir a correcta funcionalidade e a accesibilidade universal, tanto no propio ámbito de actuación como na súa contorna.O ámbito SU-4 Amio-Meixonfrío, que forma parte do sistema xeral de equipamentos públicos da cidade, con destino a servizos urbanos e neste momento está xa ocupada en parte polas instalacións do recinto feiral de Amio.O terreo, que conta cunha superficie total de 289.556 m2, e está conformado por tres parcelas, configura unha peza esencial para a futura integración da zona empresarial e industrial dos polígonos coas zonas residencias do norte da cidade, xa que está inserida na área empresarial e industrial que aglutina os polígonos do Tambre, de Costa Vella e da Sionlla.Está delimitado ao norte, pola avenida do Cruceiro da Coruña, e ao sur, pola avenida de Asturias. Ao leste queda delimitado pola rúa de Amio que comparte co polígono de Costa Vella. Polo oeste linda coa denominada rúa da Pena Corveira, en realidade un camiño que a altura da rúa da Travesa da Campiña se adentra no ámbito para desembocar na rúa de Amio, e con outras parcelas de uso industrial, servidas pola avenida da Coruña.

Leer más:   Publícase a listaxe de prazas adxudicadas no Programa de Conciliación de Semana Santa

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 14 de enero de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 15 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.