Inicio Últimas Noticias O Enreguéifate convoca a súa sétima edición baixo o lema “Temos madeira...

O Enreguéifate convoca a súa sétima edición baixo o lema “Temos madeira regueifeira!”

LINGUA
O Enreguéifate convoca a súa sétima edición baixo o lema “Temos madeira regueifeira!”

12/01/2024 O prazo de inscrición para participar no certame de regueifas en vídeo está aberto dende hoxe e ata o 1 de marzo. Os concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo impulsan este proxecto de dinamización lingüística que se presentou hoxe en rolda de prensa no Pazo de Raxoi.

“Temos madeira regueifeira!”. Con este lema, o Enreguéifate, un proxecto impulsado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, pon en marcha a sétima edición do seu certame de regueifas en vídeo.Na presentación, este mediodía no Pazo de Raxoi en Santiago, participaron a alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín; o concelleiro de Contratación, Mocidade, Feiras e Mercados do Concello de Carballo, Ramón Varela Rodríguez; o concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, Demetrio Gómez; a concelleira de Lingua do Concello de Teo, María Vázquez Rey; e Lupe Blanco, regueifeira e formadora do Enreguéifate.”Trátase dunha firme aposta pola colaboración entre administracións municipais co obxectivo conxunto de defender e promover a improvisación oral de xéneros galegos como a regueifa, para contribuír así á promoción e dinamización do uso da lingua galega”, explicou Goretti Sanmartín.O lema elixido para esta sétima edición é “Temos madeira regueifeira!”. Con esa idea, o Enreguéifate procurará sacar á luz o talento para a improvisación oral que existe no noso país. En palabras da organización: Temos madeira regueifeira porque a regueifa circula desde as nosas raíces até o século XXI. A regueifa é de natureza patrimonial, o noso bosque autóctono da improvisación oral en verso.Prazo e categorías do certameO prazo para participar no certame de regueifas en vídeo estará aberto dende hoxe e ata o 1 de marzo. A inscrición pode realizarse dende a páxina web do certame, onde xa están dispoñibles as bases. As persoas interesadas en participar deberán enviar un vídeo no que aparezan, como mínimo, dúas persoas regueifando en galego e cunha duración máxima de 3 minutos.Segundo explicou o concelleiro de Carballo, Ramón Varela Rodríguez, “repítense as categorías de anos anteriores”: unha xeral, para calquera persoa; e outra escolar, para alumnado dos centros educativos galegos non universitarios, de xeito que poderán participar todas aquelas persoas que o desexen. Como en edicións previas, haberá tamén seis premios en cada unha das categorías: regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada e mellor falada. A gala de entrega dos galardóns celebrarase na mañá do mércores, 3 de abril de 2024 no Teatro Principal de Santiago de Compostela.Obradoiros escolares e para profesoradoO proxecto Enreguéifate non só se limita ao certame de regueifas en vídeo, senón que desenvolve accións formativas para estudantado e profesorado. Así, segundo detallou Demetrio Gómez, concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, dende o pasado mes de outubro e ata febreiro, están a levarse a cabo a cabo máis de 80 obradoiros de improvisación oral destinados ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e da ESO dunha trintena de centros educativos dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo “cunha grande acollida tanto entre o alumnado como entre o profesorado”.Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Nuria das Cruces son este ano as persoas encargadas de impartir as accións formativas para escolares. A regueifeira de Coristanco, bisneta do considerado padriño da regueifa de Bergantiños na década dos 80, foi precisamente quen abriu, regueifando, o acto de presentación este mediodía.A concelleira de Ligngua de Teo, María Vázquez, lembrou que “ademais, por segundo ano consecutivo, tamén nesta sétima edición o proxecto Enreguéifate veu acompañado dun obradoiro para profesorado, impartido o 6 de outubro de 2023 no Espazo Apego do Concello de Santiago, da man de Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; e Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro, ademais de Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, formadores do Enreguéifate. Nel, participaron uns corenta docentes de toda Galicia, que puideron achegarse ou dar un paso máis no mundo da improvisación oral en verso e as súas potencialidades educativas. O obxectivo, que xa está a dar os seus froitos, é que profesoras e profesores multipliquen a madeira regueifeira entre o seu alumnado, para estimulalos tamén a participar no certame Enreguéifate”.

Leer más:   O Festival Galicreques encherá Santiago de monicreques entre o 7 e o 15 de outubro ao ofrecer 60 funcións da man dunha trintena de compañías

Documentos relacionados

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorDAZN y LaLiga hacen historia con la inclusión de LALIGA HYPERMOTION
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 12 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.