Inicio Últimas Noticias Recepción ao director de orquestra e pianista compostelán Maximino Zumalave

Recepción ao director de orquestra e pianista compostelán Maximino Zumalave

ALCALDÍA
Recepción ao director de orquestra e pianista compostelán Maximino Zumalave

11/01/2024 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi a Maximino Zumalave, quen foi director asociado da Real Filharmonía de Galicia desde 1996 ata o pasado mes de decembro.

O recoñecido director foi recibido no Pazo de Raxoi, pola alcaldesa, Goretti Sanmartín e varios membros da Corporación municipal, así como polos xerentes do Consorcio de Santiago, Belén Hernández, e do Auditorio de Galicia, Xaquín López. A rexedora quizo agradecerlle ao homenaxeado en nome de toda a Corporación, a súa “traxectoria, dedicación e o papel importantísimo na Fundación da Filharmonía”, así como polo seu “amor pola música”, de xeito especial en Compostela.Tras 27 anos, o mestre compostelán dirixiu o seu último concerto como director asociado da Real Filharmonía de Galicia o pasado 14 de decembro.Maximino ZumalaveDirector e pianista compostelán, formouse musicalmente en Santiago, Madrid, Viena e Stuttgart. Foi discípulo de Ángel Brage, Rosa Sabater, Guillermo González, John Elliot Gardiner e Helmuth Rilling. Foi fundador e director do Coro Universitario de Santiago e do Collegium Compostellanum, principal director convidado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995) e director asociado da Real Filharmonía de Galicia en cuxa fundación desempeñou un papel esencial, para alén de director asociado da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e profesor de Sinfonismo nos Cursos Universitarios Internacionais de Música en Compostela.Con Maximino Zumalave actuaron solistas como J. Achúcarro, T. Barto, M. Bayo, E. Bitetti, R. Buchbinder, R. Castromil, A. Ciccolini, J. Colom, V. Gens, V. Georghiu, W. Holzmair, as irmás Labèque, N. Lahusen, A. de Larrocha, A. León Ara, Ch. Margiono, A. Nafé, M. Orán, A. Rolfe Jonson, G. Sandor, J. Soriano, I. Vermillion e F. P. Zimmermann, entre outras e outros. Frecuente e moi especial foi a súa colaboración con Teresa Berganza en diferentes países de Europa.Dirixiu importantes formacións tanto estranxeiras como españolas, como a Orquestra de Cámara de Stuttgart, The English Chamber Orchestra, a Sinfónica de Praga, a Orquestra da Ópera Nacional de Sofía, Nacional de Lille, Sinfónica de Odense, Sinfónica de Porto, The Brabants Orchester (Eindhoven), Orkest van het Oosten (Enschede), English Baroque Soloist, Bach Collegium, Orquesta Nacional de España, Sinfónica de Madrid, Ciudad de Barcelona, Sinfónica de Tenerife ou a Orquesta Ciudad de Granada, entre outras. Foi convidado a participar en xurados e presidir importantes certames e premios internacionais.En febreiro de 1995 foi elixido académico de número da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. No período 2010-2018 foi membro do Plenario, coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega e, dende 2014, formou parte da Comisión Executiva desta institución. En xuño de 2008 o Consello da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao e en 2016 recibiu o Premio da Cultura Galega.

Leer más:   María Rozas visita as instalacións de Aspanaes en Santiago

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa CE reitera su compromiso con el modelo deportivo abierto en el contexto de la Superliga
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 11 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.