Inicio Últimas Noticias O 15 de xaneiro ábrese o prazo para aboar a taxa anual...

O 15 de xaneiro ábrese o prazo para aboar a taxa anual das tarxetas de municipio

MOBILIDADE E CONVIVENCIA
O 15 de xaneiro ábrese o prazo para aboar a taxa anual das tarxetas de municipio

10/01/2024 A Concellería de Mobilidade lembra que dende o luns, 15 de xaneiro, e ata o 16 de febreiro, permanecerá aberto o prazo para aboar a taxa anual correspondente ás tarxetas de aparcamento para todos os residentes que xa posúan unha.

A tarxeta de municipio ten un custe anual de 50 euros, e pódea solicitar calquera persoa empadroada en Compostela, sempre que sexa dona do vehículo segundo o permiso de circulación, e pague o imposto de circulación no Concello de Santiago.O pago da taxa efectuarase nas oficinas de TUSSA, na Estación Intermodal (rúa Clara Campoamor) de luns a venres en horario de 9 a 14 h e de 16:30 a 20:30 h.A persoa interesada deberá acreditar a titularidade da tarxeta con D.N.I., tarxeta de residencia ou pasaporte. No suposto de actuar por representación, deberá acreditarse a mesma, aportando fotocopia de identificación do representante e autorización asinada polo representado.Todas aquelas tarxetas que non sexas abonadas en prazo, serán dadas de baixa automáticamente.As tarxetas están identificadas cun “L” e permiten aparcar en todas as zonas verdes da cidade, é dicir, as habilitadas para residentes en horario de 7 h a 21h. No caso das zonas azuis, as zonas ORA, o prezo, para os que posúan a tarxeta, verase reducido á metade.

Leer más:   Rematada a obra de pavimentación do lugar de Coira, Laraño

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl hotel menorquín Vestige Son Ermitá & Binideufá impresiona a The Telegraph
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 10 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.