Inicio Últimas Noticias Os locais inscritos en Santiago(é)Tapas poderán participar en cursos de formación

Os locais inscritos en Santiago(é)Tapas poderán participar en cursos de formación

TURISMO
Os locais inscritos en Santiago(é)Tapas poderán participar en cursos de formación

08/01/2024 Os establecementos rexistrados ao concurso antes do mércores 10 de xaneiro poderán participar nos cursos de iniciación barista con Café Dromedario e de cultura da Cervexa e viños con Estrella Galicia e Ponte da Boga

Santiago(é)Tapas continúa coa campaña de promoción da súa XV edición, incentivando a inscrición dos establecementos hostaleiros a través de distintas accións complementarias. Así, nesta edición os locais inscritos en Santiago(é)Tapas poderán participar en tres cursos de formación organizados por Estrella Galicia e Café Dromedario. O prazo de inscrición no concurso remata este 10 de xaneiro.O primeiro dos cursos terá lugar os días 29 e 30 de xaneiro. Trátase dun Curso de Iniciación Barista e correrá a cargo de Karen Quiroga, formadora de Café Dromedario, dúas veces campioa de España de Latte, 3ª Aeropress España 2019 e Somelier de té.Pola súa banda, Estrella Galicia impartirá a primeira semana de febreiro outros dous cursos, un sobre a evolución de cervexa e tiraxe perfecta a cargo de Carlos Ávila, técnico de Cultura de Cervexa en Hijos de Rivera, e outro sobre viños Ponte da Boga a cargo de persoal da devandita adega.Ademais, entre todos os locais inscritos, sortearase unha entrada dobre para visitar MEGA, o museo para coñecer as orixes e a cultura cervexeira de Estrella Galicia, así como todas as experiencias da marca. Tamén se sorteará unha noite para dúas persoas nun dos máis de sesenta aloxamentos que ten a cadea galega Alda Hotels polo norte e centro de España.Organizada por Turismo de Santiago en coordinación coa Asociación Hostalería Compostela e o apoio da Deputación da Coruña, Santiago(é)Tapas conta nesta edición co patrocinio de Estrella Galicia e a colaboración de Cash Record e Café Dromedario, e celebrarase do 15 de febreiro ao 3 de marzo, debendo formalizarse a inscrición a través da web santiagoetapas.gal, onde tamén se poderán descargar as bases.Do mesmo xeito que en edicións anteriores, volverá haber premios ás mellores tapas e agasallos directos para quen finalice as distintas etapas, ademais dun sorteo de premios entre os que voten polas súas tapas preferidas.

Leer más:   O Goberno municipal inviste case millón e medio de euros nas catro obras licitadas ou adxudicadas hoxe en Xunta de Goberno

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 7 de enero de 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 8 de enero de 2024
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.