Inicio Últimas Noticias Comeza o obradoiro de emprego “Berce do Sar”, que permitirá crear unha...

Comeza o obradoiro de emprego “Berce do Sar”, que permitirá crear unha nova área de ocio para a veciñanza

EMPREGO
Comeza o obradoiro de emprego “Berce do Sar”, que permitirá crear unha nova área de ocio para a veciñanza

15/12/2023 Santiago gañará un novo parque periurbano nas proximidades do polígono empresarial da Sionlla, nun espazo natural que será recuperado e posto en valor e que contará con zonas de xogo infantil, merendeiros, e mesmo unha pista peonil e ciclable con elementos para a práctica de exercicio físico. Trátase do parque “Berce do Sar”, que será acondicionado grazas a un novo obradoiro de emprego que xa botou a andar e que está cofinanciado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe o proxecto, nun acto no que tamén se realizou unha plantación de especies autóctonas coa participación de representantes da Asociación Amigos do Museo de Historia Natural da USC.O parque “Berce do Sar” sitúase nunha parcela de máis de 80.000 metros cadrados propiedade municipal froito dos convenios derivados da execución do polígono industrial da Sionlla.Trátase duns terreos cunha excelente localización, que coincide coa cabeceira do río Sar e que, polo tanto, ofrecen a oportunidade de poñer en valor un espazo natural singular. Ao mesmo tempo, explicou a concelleira de Promoción Económica, “a intervención prevista “está pensada para gañar unha nova área de ocio para a veciñanza”. Nese sentido, no parque “Berce do Sar” haberá zonas de xogos infantís naturais, como cabañas, xogos de auga, ou estruturas de troncos e redes. Tamén se acondicionarán merendeiros e espazos cubertos que poidan ser utilizados nas diferentes épocas do ano. Prevese ademais unha pista finlandesa circular dun quilómetro para practicar footing, ciclismo, ou outro tipo de exercicios físicos, que se sumará á trama de sendeiros acondicionados para percorrer as diferentes zonas do parque, utilizando pasarelas de madeira naquelas zonas nas que sexa necesario.No que tén que ver coa posta en valor do entorno natural, no marco do obradoiro de emprego limparánse os cauces do nacemento do río Sar, restauraránse presas naturais e muros de mampostería para ocultar o impacto das obras de drenaxe do río, e melloraránse os hábitats da ribeira coa potenciación de especies autóctonas. Ademais, prevese a plantación dunha zona de árbores froiteiras e a creación dunha barreira vexetal acústica para paliar o ruído do tráfico procedente tanto da SC-20 como da A-54.O obradoiro dual de emprego “Berce do Sar” conta cun orzamento de 632.653 euros, dos que o Concello achega 101.607 e o resto corre a cargo da Xunta, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Ao longo de doce meses, o alumnado combinará a formación co traballo en dous proxectos: a obra do parque do Berce do Sar, e a elaboración da páxina web “Fauna aérea de Santiago”. No obradoiro participan 20 alumnos e alumnas/traballadoras, 10 por cada proxecto, así como catro persoas encargadas da dirección e a docencia.En canto á plantación iniciada hoxe, será dunhas 500 árbores de diferentes especies como carballos, bidueiros, freixos, castiñeiros ou aveleiras.

Leer más:   O Consello Económico e Social do Concello mantén hoxe unha nova xuntanza na que se presentarán os avances no proxecto da Axenda Urbana 2030

- Te recomendamos -
Artículo anteriorCaixaBank se suma como patrocinador oficial al Sail Team BCN en la Copa América 2024
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 15 de diciembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.