Inicio Últimas Noticias Santiago promove unha campaña de concienciación sobre hábitos de consumo responsable...

Santiago promove unha campaña de concienciación sobre hábitos de consumo responsable coincidindo coa Semana Europea de Prevención de Residuos (EWWR)

SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
Santiago promove unha campaña de concienciación sobre hábitos de consumo responsable coincidindo coa Semana Europea de Prevención de Residuos (EWWR)

20/11/2023 O Concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Dereitos dos Animais, Servizos Básicos Comunitarios, Parques e Xardíns e Vías e Obras, Xesús Manuel Domínguez Domínguez, presentou a campaña O Gran Encontrón, centrada na concienciación da cidadanía en hábitos de consumo responsable e nunha xestión sostible dos recursos e os residuos.

En concreto, esta iniciativa ten como obxectivo concienciar á cidadanía sobre a necesidade de realizar unha compra responsable, centrándose en aspectos do noso día a día como o sobreenvasado dos produtos, as compras por impulso, o desperdicio alimentario, a separación dos residuos ou a reparación dos obxectos fronte á cultura de usar e tirar.A través da contraposición de dúas visións completamente diferentes, O Gran Encontrón pretende facernos recapacitar sobre o impacto medioambiental desas pequenas decisións que tomamos na nosa compra diaria, e mostrarnos como, con pequenos cambios no noso modelo de consumo, podemos facer de Santiago unha cidade máis sostible.Así, a campaña enfronta os conceptos “Plastificas VS Liberas” para falar de sobreenvasado; “Por impulso VS con cabeza” para concienciar sobre o consumismo; “Desperdicias VS Reaproveitas” para tratar o desperdicio alimentario; “Desbotas VS Separas” para recordar o necesarios que somos na recollida selectiva de residuos; e “Tiras VS Reparas” para pór en valor unha compra responsable.O Gran Encontrón contará con material de apoio e consulta na web institucional, presenza nas redes sociais do Concello a través de diferentes animacións e accións de concienciación na rúa, que se desenvolverán o xoves 24 e o venres 25 en diferentes puntos da cidade. Estas accións tratarán de sorprender e implicar á cidadanía para facelos partícipes da campaña.Con esta actividade o Concello de Santiago afirma o seu compromiso coa consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU, nos que se basea a elaboración da Axenda Urbana 2023 de Compostela. En concreto, esta acción céntrase no ODS 12, Produción e consumo responsables, que pretende cambiar o modelo actual de produción e consumo para conseguir unha xestión eficiente dos recursos naturais.O Gran Encontrón enmárcase temporalmente na Semana Europea de Prevención de Residuos (EWWR), a maior campaña para crear conciencia sobre a prevención de residuos en Europa, que este ano se celebra do 18 ao 26 de novembro. Neste programa, que xurdiu en 2009, diferentes entidades públicas de toda Europa organizan actividades de información, concienciación, divulgación e sensibilización sobre temáticas relacionadas co medio ambiente como a redución de residuos, o consumo sostible ou a economía circular.

Leer más:   O Goberno inicia os trámites para asumir a xestión do cobro das multas a través de Tussa

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa gestión del alquiler y la colaboración público-privada, temas centrales en SIMED 2023 para abordar la escasez de viviendas
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 20 de noviembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.