Inicio Últimas Noticias O Concello súmase á conmemoración do Día da Infancia coa celebración dun...

O Concello súmase á conmemoración do Día da Infancia coa celebración dun pleno infantil

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
O Concello súmase á conmemoración do Día da Infancia coa celebración dun pleno infantil

20/11/2023 Un grupo de alumnos e alumnas dos CEIP Quiroga Palacios convertéronse en concelleiros e concelleiras por un día e celebraron un pleno municipal con motivo do Día Mundial da Infancia, que se conmemora o 20 de novembro. Con eles estiveron o alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, e varios membros da Corporación municipal.

Hoxe, 20 de novembro, conmemórase o Día Mundial da Infancia, un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo no que se celebra o aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, adoptada en 1989. Trátase dunha oportunidade para dar especial relevancia á infancia na axenda pública, reafirmar a vixencia da Convención sobre os dereitos dos nenos e das nenas e poñer a mirada nos cambios necesarios para que o seu contido sexa realidade para todos e en calquera lugar.Este documento, clave para o desenvolvemento da infancia nas últimas décadas, apela no seu artigo 12 á necesidade de dar aos nenos e nenas a oportunidade de ser escoitados, directamente ou a través dun órgano apropiado, en todos aqueles procedementos que lle afecten.Partindo destas ideas e entendendo as institucións políticas como responsables de que o dereito á participación se vexa cumprido nos seus territorios, esta mañá o Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil cuxo obxectivo é darlle aos nenos e nenas a posibilidade de compartir ideas e propoñer iniciativas coas que mellorar o cumprimento da CDN na súa contorna e promover o seu dereito a decidir sobre os temas que lles afecten a nivel local.O Concello de Santiago amosa o seu compromiso coa infancia e a necesaria concienciación da cidadanía sobre a importancia de seguir traballando e sumando esforzos, para que os dereitos dos nenos e nenas se vexan cumpridos en todo momento e en todo o mundo.Nesta ocasión participaron de forma presencial de un grupo de nenos e nenas de 6º de primaria do Colexio Quiroga Palacios.

Leer más:   O Auditorio de Galicia inaugura a mostra 'Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige'

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa gestión del alquiler y la colaboración público-privada, temas centrales en SIMED 2023 para abordar la escasez de viviendas
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 20 de noviembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.